FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 25 de marzo de 2018

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE BAIO 7




Bo tempo para xogar en Pedra Queimada, con moitos claros e sin vento. Nesta ocasión pagamos as consecuencias do partido da fin de semana pasada en Fisterra, xa que a consecuencia de esa pelexa se nos lesionaron Luis Naya e Mutio. Daquela fomos once e nesta ocasión soamente nove xogadores (co cambio de Carlos e Alberto de Carballo por Cancela e Leo), contra o Baio que presentou once xustos. Fai falla que se recuperen o resto dos lesionados para non ter que facer milagros con respecto a alineación. Hoxe con once algo mais de guerra supoñemos que daríamos. 

Veteranos de Malpica: Chaves; Pedro, Suso Zas, José Regueira, Abel; Leo, Alberto de Barizo, Cancela e Bernardo.







Pouco miragro futbolístico podíamos esperar, visto o escaso número de xogadores que presentábamos. Así foi, frente a un Baio ordenado e con gañas. O noso equipo confiou o ataque en solitario a Bernardo, que estivo todo o tempo controlado por un Suso que, ademais, ordeaba ós seus compañeiros. Alfredo inaugurou o marcador no min. 15, recollendo un balón dentro da área, botado desde a dereita.  Pudemos empatar no min. 29, nun centro desde a dereita no que Abel, tirándose en plancha, cabeceou pero Luis tapou ben o seu remate e desviou o balón. Un minuto despois David fixo o 0-2, nun balón non blocado por Chaves. E o 0-3 con que se chegou ó descanso fixoo Cris.


Si mal nos foi a primeira mitade, pior nos iba a ir na segunda. Cris voltou a marcar no min. 50. O gol da honra noso marcouno Bernardo no min. 55, aproveitando un pase entre líñas de Abel. A partires de ahí, multitude de ocasións dos baieses, das cales terminaron en gol as de Cris (redondeando a sua tripleta), Jorge e Rebo. Nada que obxetar, o marcador ainda pudo ser mais abultado para os nosos rivais. 

Gerardo, estando así o panorama, pasou desapercibido en un partido de guante branco. Nin unha soa patada, nin protestas, cero tarxetas mostradas. Ben na sua labor. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario