Veteranos de Malpica: Carlos; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Pedro; Chaves, Alberto de Barizo, Mutio, Luis Naya; Abel e Bernardo. Once xustos, nin un mais, para un encontro de alta exixencia coma éste (o rival anda embarcado no pelotón de cabeza, con dereito ó ascenso de categoría).
Non estivo o tempo tan malo como se había escoitado anteriormente. Caeu algo de auga, pero o partido transcurriu sin moitas dificultades climatolóxicas. Outra cousa foron os termos deportivos. Non é doado xogar en Fisterra. Si van gañando, ainda. Pero como vaian perdendo...
Comenzou o combate moi ben para os nosos intereses nos primeiros quince minutos. Unha falta, preto da área grande, foi moi ben sacada por Alberto de Barizo. O porteiro Ignacio só foi quen de tocar ca punta dos dedos o suficiente para desviar ó traveseiro. E para o rebote acudiron Bernardo, Luis e Abel. Éste último lanzábase en plancha para rematar a gol, pero Luis estorboulle o suficiente para que o remate marchara desviado a dereita. Resarciuse Luis uns minutos despois facendo o 0-1, noutra falta sacada en largo que cabeceou, o balón saliu bombeado e o porteiro non pudo facer nada para desvialo.
O Fisterra meteu no mediocampo ó seu trasatlántico de luxo, Rodrigo Lobelos, un home que, coma dixemos no partido da primeira volta, podería xogar tranquilamente no seu equipo senior de primeira rexional, si dispuxera de mais tempo. Porque o que lle sobra é calidade para mover o xogo do equipo. Con él, o seu equipo gañou en profundidade, e no ataque fisterrán Rubén aparecía para pretender empatar. Pero hoxe os once homes malpicáns loitaron o indecible para tapar todolos ocos cara porta, co cual sólo quedaba que Rubén e compañía tiraran desde lonxe. E ahí aparecía sempre Carlos. E cando Carlos non chegaba, tamén os postes axudaban.
Conseguimos chegar ó descanso con ventaxa no marcador. Pero sabíamos que, mais tarde ou mais cedo, a nosa resistencia con once homes contra un equipo con varios cambios cedería. Ainda así, contra vento e marea, aguantamos ata o minuto 78. Para que así pasara, tivo que fallar unha oportunidade moi clara Daniel, porque chegou só pola parte esquerda a portería pero o seu tiro foi detido polo pé de Carlos en plan porteiro de balonmán. Mais outro tiro ó pao e outro fora por moi pouco. Nese minuto 78, un balón despexado pola nosa defensa chegou en tres cuartos de campo a Rubén, que lanzou un misil pegado ó poste esquerdo que supuxo o empate, imposible para Carlos.
Nos dezaseis minutos (contando o desconto de catro minutos) que faltaban, tentaron arrinconarnos na nosa área. Pero tamén tiñan que arriscar en defensa. Nós tivemos duas ocasión boas. Unha falta botada por Mutio desde o extremo esquerdo paseouse pola área fisterrán, e non chegaron por moi pouco nin Luis, nin Bernardo, nin Abel. E ó pouco para rematar, Bernardo fíxose con un balón franco preto da área grande, avanzou e elevouno por enriba do porteiro, que xa iniciara a saida. Mais foi o suficientemente estorbado para que ese balón non saira como Bernardo quería e saiu alto.
Antes de falar da arbitraxe de Castro, teríamos que comentar a actitude de algúns dos nosos rivais. Non hai nada que esconder, o ambiente é agradable ata o momento en que o balón ponse a rodar, a partires de ahí eso é unha guerra. E mais poñéndonos por diante no marcador. Acusáronos de todo, de dar patadas sin xeito, de perder tempo (en Fisterra, donde si o equipo local ten o marcador ó seu favor os balón tardan moito en aparecer e os tempos de cuarenta e cinco minutos pasan a durar media hora de xogo real), ata de un penalti que quixo ver un dos seus xogadores cando Carlos sacou en largo,... Pero nós sí temos en conta un detalle que quedou para a galería, donde había tamén nenos: o noso Abel, con sesenta e pico de anos, perseguindo un balón ó que na vida chegaría, preto do banquillo fisterrán, sendo empurrado sin necesidade por un defensa rival, que casi acaba con Abel visitando o hospital.
Todo eso tamén o sufriu Castro. Dixéronlle de todo, dentro do campo, fora do campo e desde a barandilla que o rodeaba. Castro non é tonto, tivo que parar o xogo para poñerlle as cousas claras, incluso amenazou con pedir a Garda Civil. E houbo outro detalle, que saldou con amarela para Rubén (despois de dar gol), que non quixo agravar para que non se rebotaran de todo os fisterráns. Agora,no resto, o que diga que o que pitou (ben ou mal) o colexiado tivo incidencia no marcador, mentiría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario