Partido aprazado no seu día, que disputamos agora aproveitando que nos tocaba contra o Vimianzo (tres puntos xa no nosa bolsa) e que os rivais tiveron a ben aprazar o partido contra o Leiloio. Non estivo tan mal o tempo para xogar en Corme, con nubes abundantes e un pouco de frío, pero pasable. Presentamos no Cairo un equipo de catorce homes, grazas a que viñeron a botar unha man varios dos lesionados (Bugallo, Joshua e Pedro) que fixeron o indecible, incluso algún voltando a lesionar, para estar cos seus compañeiros. Enfrente tivemos un equipo con outros catorce efectivos, menos dos que habitualmente soe presentar o Corme.
Veteranos de Malpica: Bugallo; Pedro, Suso Zas, José, Bernardo; Cancela, Alberto de Barizo, Mutio, Joshua, Luis; Arcay. Tamén xogaron Abel, Alberto de Carballo e Leo.

O home do partido foi o seu número 12, Jose Jesús González, que marcou os dous goles mais ao cual lle fixeron tamén un penalti que Javi non quixo sancionar. Tamén é verdade que, ó revés do que pasara fai mes e pico no partido de ida, o Corme tivo esas tres xogadas e nós dispuxemos de cinco xogadas bastante claras mais outro penalti ó noso favor que o árbitro tampouco quixo pitar.
O xogo foi fluido e pelexado. Sempre se nos deu ben xogar no Cairo. A presencia de Joshua no mediocampo notouse ata que volveu a notar un pinchazo e non pudo dar mais. Tiveron él mais Luis Naya duas ocasións para marcar diante de Jose Manuel Castro, pero hoxe o porteiro cormelán fixo un moi bo partido. Non pudo ser, e marcou Jesús no min. 38, nunha brilante xogada na que recolleu o balón no vértice esquerdo da área grande, regateu a dous dos nosos e cruzou diante da saida de Bugallo.
Pola nosa parte, tivemos unha ocasión clara de Luis Naya mais outra boísima de Bernardo, que chegou só diante de Jose Manuel pero outra vez o porteiro adiviñou a intención e desviou a córner. Arriscamos moito, adiantando liñas, metendo ó Corme no seu campo, ca nosa defensa no medio do campo. Dispuxemos incluso de ventaxa numérica porque René zancadilleu a Cancela por detrás e foi expulsado con segunda amarela. Parecía que todo iba ir rodado porque o dominio era noso. Pero claro, enfrente tiñamos un equipo que é especialista nos contragolpes. E na siguinte xogada a expulsión (min. 78), un balón que pudo ser despexado afora por Alberto de Barizo e no seu lugar quixo controlar, quitáronllo, o interior escapou pola banda dereita e pasou ó centro donde Jesús non tivo mais que tirar a gol sin opcións para Bugallo.
A partires de ahí, xa o peixe estaba todo vendido porque eles estaban ben cerrados atrás e só tivemos a xogada en que o balón chegou a Luis Naya en boa posición para tirar, pero botouselle enriba Paco, que se levou a parte pior no choque (para nós penalti, non axudado en nada pola actitude noble de Luis, que foi inmediatamente a interesarse polo estado do noso apreciado rival).
Creemos que Javi errou nos dous penaltis non pitados. Mais sabemos que colle a un xogador (Jesús) ou equipo (pasaranos a nós noutro partido) de ollo e non lle da nin a hora. Pero, salvo eso, no resto estivo bastante desapercibido, que é o mellor que se pode decir de unha arbitraxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario