FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 25 de febreiro de 2018

VETERANOS PONIENTE 0 - VETERANOS DE MALPICA 0





Veteranos de Malpica: Suso Malpica; José, Suso Zas, Alberto de Carballo, Bernardo; Cancela, Mutio, Leo, Luis Naya; Arcay e Abel. Tamén xogou Javi.

A pesar do frío, as características do campo de Laracha fixeron que co predominio do sol durante todo o partido, pasásemos bastante calor. Os rivais hoxe presentaron catorce homes, que non eran moitos, pero había mais que nas nosas filas, que eramos dez, ós dez minutos eramos once ca incorporación de Leo e despois apareceu un lesionado Javi que, ainda mancado, quixo sumarse para darlle descanso a algún, o cual agradecémosllo profundamente.

















Pouco que contar. Demasiadas poucas ocasións de gol para que consideremos que tiña que moverse o marcador. Na primeira mitade nós tivemos as duas primeiras. Arcay empalmou un tiro no borde da área grande que saiu fora a dereita da portería rival por moi pouco. Uns minutos despois, un centro-chut de Cancela desde a dereita foi a dar enriba do traveseiro. A pouco para o descanso, eles tiveron tamén unha moi boa nun tiro de Oscar que saiu a rentes do pao dereito da portería de Suso, ó cual non chegou polos pelos Castiñeiras, que estaba na boca de gol.





Na segunda mitade ainda houbo menos oportunidades. Os equipos xogaban moi lonxe das porterías.  A principal ocasión de gol nosa foi creada por Arcay, que profundizou en liña de gol, pero o seu pase deuno alto, imposible de controlar para os seus compañeiros. Tamén adiantamos a posición de Bernardo, co cual sumamos un efectivo ó ataque. Perigro pola nosa parte sí que había, porque sacamos bastantes córners e o porteiro local tiña traballo. Pero tamén estas xogadas producían contrataques do Poniente, ós cales tiveron que estar moi atentos para abortalos os nosos defensas, pois atacaban con maioría de efectivos. Mais non se moveu o marcador.

España é un árbitro educado e serio. Poucos erros poderíamoslle achacar a sua arbitraxe. Podería cortar o xogo con algunha falta, pero prefire deixar xogar. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario