FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 18 de febreiro de 2018

VETERANOS DE MALPICA 0 - VETERANOS HOSGRÁN 2





Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, José; Arcay, Leo, Mutio, Carlos, Luis; Bernardo. Tamén xogaron Abel e Chaves.

Con unha mañá agradable para xogar ó fútbol, hoxe eramos trece e terminamos once xustos polas lesión de Chaves e Leo, que se suman as anteriores de Bugallo, Joshua e Pedro.

O rival de hoxe xa gañaba na preparación do partido. Dezasete homes estaban xa entrenando a todo trapo (que despois foron un mais pola entrada de Sergio), mentras que nós sufríamos para completar o equipo con once efectivos para o comenzo, que se retrasou un pouco.








O Hosgrán, o equipo mais completo que pasou esta temporada pola Pedra Queimada, púxose de lider, con esta victoria e o pinchazo do Fisterra. É un dos máximos candidatos ó ascenso a final de temporada. 

Con respecto a primeira parte, apretou para poñerse diante no marcador. E tivo casi plena definición. Dous goles de Rubén, en balóns  enviados polos centrocampistas a espalda dos nosos defensas, con definición potente do ariete. O segundo frenouno Suso Malpica e pudo haber sido evitado por José, perseguindo o balón cara a línea de meta, pero hoxe non foi o seu día e só fixo que axudalo a entrar.

A partires de ahí, houbo unha ocasión mais para mover o marcador e foi nosa. Nunha escapada de Arcay, marchou co balón cara porta perseguido polo seu par, quebrouno e quixo definir co exterior diante da saida de Abelenda. Pero saliulle o balón contra o corpo do porteiro, que repeliu o esférico, cando xa se creíamos todos que sería gol.













A segunda mitade continuou en parecidas circunstancias. Nós tentando, sobretodo a balón parado, facer dano. E os da Piña controlando o xogo (gran partido do capitán Roberto Queijo no centro do campo) e tentando montar contrataques, moi ben abortados pos nosos centrais e pola perfecta actuación do noso porteiro. Pero xa non se moveu mais o marcador.

Boa actuación de Gerardo. O seu lunar foi que seguiu o xogo desde bastante lonxe. Pero hai que decir en favor de él que é o árbitro que mellor intuiu os foras de xogo Acertou na sua sinalización i eso que estaba a moitos metros de distancia. Tamén axudou a actitude dos dous equipos, mais predispostos a xogar que a reclamar cousas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario