FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 11 de febreiro de 2018

VETERANOS S. ISIDRO 4 - VETERANOS DE MALPICA 2


Veteranos de Malpica: Carlos; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, José; Chaves, Alberto de Barizo, Joshua, Luis; Bernardo e Arcay. Tamén xogaron Abel, Bugallo e Cancela. 

Partido xogado con moitísima auga polo medio. Cambiamos a orde de partidos porque, previsiblemente, en estas condicións o campo de Pedra Queimada estaría mellor e parece ser que o de Razo, últimamente, está impecable. Nós presentámonos catorce efectivos. Os nosos rivais, que se xogaban mais, viñeron con dezasete, o cual podía ser complicado para o seu entrenador, con un papel nada fácil para combinar e que xogasen todos.







Partido intenso en Pedra Queimada. O rival é dos que non da respiro. Xa empezou no min. 2 gañando.  Córner moi ben sacado (como todos os que fixeron neste partido), puderon os nosos defensas chegar a despexar pero Carlos berrou para que deixasen pasar, o esférico pasou por enriba do noso porteiro sin que o poidese chegar a tocar e Nando, chegando desde atrás, fusilou o 1-0 para o S. Isidro. Un bonito gol. 

Non nos descompuxemos polo gol e empezamos a xogar moi ben, combinando o balón o que o campo deixaba. Os de Razo tiveron que empregarse a fondo no seu campo para tapar ocos, xa que o centro do campo era noso. Pudemos empatar en duas boas ocasións de Arcay e Chaves. No min. 36 chega a decisión que condicionará o resto do partido: Cancela recibe por parte de Jose Luis unha falta, aparentemente normal. Pero o noso centrocampista rebótouse (según él, porque xa ese home lle fixera grandes entradas en anteriores partidos xogados contra él) e saiu botando pestes. Seguramente quedaría en nada, pero foise Gus a por él, tocaron as cabezas (Nota posterior: Dixeron que foi Gus pero él mismo o desminte nos comentarios) . E o árbitro, cando todos esperábamos unha amarela para os dous (ou para Cancela soamente, no pior dos casos), expulsou a Cancela. Pasamos a estar coxos, nun campo moi pesado pola auga, pero non nos afectou no xogo de esta primeira parte, xa que seguimos combinando ben. Empatamos no min. 42, nun centro desde a esquerda que cabeceou perfectamente Alberto de Carballo.
















Empezamos moi ben tamén a segunda parte. Non podemos decir nada da entrega dos nosos xogadores. Fixeron un partido moi serio. Pero o rival puxo en xogo varios dos seus mellores homes, entre eles Marcos e Palermo. Xa Carlos empezou a aparecer para sair ó borde da área. Salvou un gol de contraataque dos de Razo, pero nos siguintes dous contragolpes marcaron  por medio de Docampo (min. 55) e Marcos (min. 65). E non marcaron daquela o cuarto porque un defensa sacou o balón debaixo dos paos.

Queimamos as naves e arriscamos en defensa, poñendo a Luis a cubrir unha extensa zoa no lateral / interior esquerdo. Non nos viñemos abaixo. E marcamos o 3-2, por medio de xogada individual de Arcay no min. 71. Incluso metémoslles o medo no corpo porque o balón estaba moi preto da sua portería. Casi a arma Arcay de novo. Pero o esforzo foi moi grande e as lesións deixaronos en cadro, Joshua e Bugallo tiveran que abandonar quedando o banquillo deserto. No min. 81 Jose Antonio Varela marcou o definitivo 4-2. De ahí ata o final, tentamos marcar de novo pero non deu resultado.

Non temos queixa da arbitraxe de Blanco Bravo. No cómputo xeral do partido estivo ben, incluso dialogante como fixo o resto de veces que nos arbitrou, oxalá voltemos a telo en outros partidos. Agora sí, para nós errou na expulsión. Chegaba con botar unha amarela a un ou dous dos xogadores que se enfrentaron, así fixemoslle ver.  Nunha liga de veteranos, co campo anegado é moita desventaxa xogar con dez xogadores. E non creemos necesario que os xogadores tapen a boca para falar, como vemos que fan no fútbol profesional. Tamén é verdade que o noso xogador ten que serenarse e reflexionar.

2 comentarios:

  1. Bos días, unha crónica casi perfecta, solo ten un pero, o xogador do Razo que puxo a testa non foi Gus,levalle idea tamen pero... desta vez non foi.
    Moi bo partido e moi disputado, saudos

    ResponderEliminar
  2. Está ben que o digas. Foi a quen lle achacaron alí que fora a cruzarse con Cancela. Mil disculpas.

    ResponderEliminar