FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 13 de maio de 2018

COPA : VETERANOS DE MALPICA 0 - VETERANOS PORTEÑO 3


Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Nando, Suso Zas, Mutio, Pedro; Luis Naya, Cancela, Alberto de Barizo, Joshua, Chaves; Bernardo. También jugaron contra Abel, Alberto de Carballo, Arcay, Bugallo, Javi y Leo.

Tempo algo frío, pero non era malo para xogar ó fútbol. Moitos efectivos nas nosa filas e a sensación de que, si nos últimos partidos houbesen estado os mesmos, outro galo nos cantaría. Ainda que, coma de costume, apareceron varios no último momento ou cando empezara o xogo. Os rivais, moi conscientes do que había, apareceron desde o primer momento con 18 persoas, xoves, comprometidas e que sabían xogar o balón.




Xa desde o principio, a xente do Porteño puxo toda a carne no asador. Mostrando intensidade e bo facer cercaron a nosa meta e os nosos xogadores tiveron que multiplicarse para detelos e, cando non o podían evitar, ahí estaba Suso na portería, moi seguro, para atallar. Non quedaba outra que tentar aguantar e, a medida que pasaban os minutos e chegaban mais reforzos, abrirse e xogar o balón.

Eles marcaron no min. 15 o seu primeiro gol por medio de Alan, en xogada combinativa. E chegaron ó descanso con un segundo gol, cando o balón golpeou na man de Nando, nunha xogada donde pudo ou non pitarse penalti, xa que o noso defensa non fixera movemento para tocar a pelota e a man non a tiña separada do corpo.  Nin cartón amarelo lle mostrou Reborido, cousa que os camariñáns pediron. Tirou o penalti pitado Pablo, forte e centrado, inapelable para facer o 0-2.












Con todo casi perdido, non tivemos mais remedio que lanzarnos adiante. Foron entonces os do Porteño os que tiveron que multiplicarse para tapar ocos. Ocasións tivemos para acortar o resultado. Pero hoxe non foi o noso día.  Ó contrario, a medida que avanzaba o partido, os camariñáns comenzaron a armar contragolpes que non foron mais goles porque Suso conseguía atallalos ou porque non lograron definilos. Pero non foi así no min. 85, cando, nunha contra moi ben armada desde a esquerda, conseguiron centrar o balón e Victor, sin deixar botar, golpeou forte pegado ó poste dereito da portería, imposible para Suso. Un gran gol. 

Reborido arbitrou ben e non se quixo complicar. Os únicos problemas para él foron os berros dos membros do Porteño, que non deixaron de queixarse por faltas e pedir tarxetas. Pero tampouco houbo xogo sucio e o xogo transcurriu calmadamente. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario