FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 20 de maio de 2018

ACABOUSE A TEMPORADA PARA NÓS : VETERANOS PORTEÑO 3 - VETERANOS DE MALPICA 0



Partido xogado con un sol de xustiza, implacable para ambos equipos. No colmo dos colmos, a auga suministrada para calmar a sede estaba moi quente, seguramente por levar cocéndose nun maletero un bo anaco, o cual fixo que non se pudese beber ata casi acabado o partido.

Veteranos de Malpica: Chaves; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Bernardo; Javi, Mutio, Alberto de Barizo, Luis Naya; Leo e Arcay. Posteriormente xogarían tamén Abel e Pedro. 
















Non fai falla moita ciencia para entender o que pasou no campo Hermanas Patiño de Camariñas. Empezamos xogando bastante decentemente, cas liñas bastante xuntas e confiando o noso ataque as escapadas de Arcay, ben vixiado por Victor e os seus compañeiros de defensa. Para que o centro do campo non surtira balóns en condicións ó noso 7, eles tiñan que presionar, e metelo pé, sobre Mutio e Alberto de Barizo, nada grave pero continuo. 

Tivo o Porteño duas ocasións para inaugurar o marcador. A primeira foi de Luis, que en boa posición, lanzou o balón as nubes. A segunda, de Héctor, que se fixo cun balón e avanzou sobre Chaves, que rexeitou moi ben o coiro co corpo. 

E, no min. 41, Rives acaba de unha tallada cas nosas posibilidades no partido. Alberto de Carballo rexeita un balón e, o mesmo tempo, manda un "recadiño" a Ismael, que pasaba ó seu carón. Algun xogador do Porteño reclama "expulsión" e o árbitro, interpretando agresión nunha xogada que se podía zanjar con amarela clara, decide castigarnos mandando ó noso central a caseta. Como pudemos, reorganizamos e chegamos con empate a ceros ó descanso. 



















Na segunda parte pasou o que tiña que pasar. Si xa nos era difícil aguantar ó Porteño, con un xogador menos facíasenos pouco menos que imposible gañar o partido. E iso que Chaves empregouse a fondo na portería e Bernardo cubriu o oco de Alberto facendo un bo partido. Pero. ainda así os camariñáns marcaron tres goles por medio de David Toja (2) e Alan.

Eso sí, no min. 79 quedaron con un menos por expulsión de Alberto por facerlle un entradón a Mutio, innecesario a todas luces porque xa gañaban a eliminatoria de calle, pero Rives, amosando a diferente lectura das decisións cara uns e cara outros que fixo ó longo do partido, mandouno a caseta por dobre cartón amarelo cando podía perfectamente poñer unha bermella directa. E o trencilla redondeu a sua actuación no min. 83 perdoando a expulsión directa a Caamaño, cando cortou ca man na sua saida un tiro de Arcay, que gañara as costas a defensa e tirara diante da saida do gardameta. Tamén innecesario o corte ca man, pero seguramente actuou por pura inercia. 

Polo tanto, non podemos disculpar a actuación de Rives. Non se pode dar como excusa que os do Porteño, bastante tocacollóns durante toda a eliminatoria, lle comesen a orella. Si andan enriba tua para presionarte, primeiro chamas a atención e si non che fan caso, amonestas. Como xa vimos facer outras veces a este colexiado. Si así houbese feito con Alberto ou con Victor..., ou cas patadas de Ismael o partido iría por outros derroteiros. Pero de esta forma fíxolle a ola ós integrantes camariñáns. 

Agora, adiviñase unha siguinte elminatoria entre Corme e Porteño quente, quente,...Xa pode o comité empezar poñendo un árbitro en condicións... e ainda así, porque o que creemos que ningún dos dous equipos vai a xogar tranquilo.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario