FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

luns, 13 de agosto de 2018

EMPEZAMOS A TEMPORADA 2018 - 2019.

Comenzou a nova temporada para o noso equipo, a primeira que vamos a ter baixo os auspicios da Real Federación Galega de Fútbol. E fíxemolo ó grande. Con unha xuntanza en plan pachanga, con varios dos nosos históricos acudindo a cita. Xente como Ramón Angel, Alberto Choiva, Almóvil, Chucho Canido e Tono Alfeirán (que volta a figurar como xogador) viñeron a demostrar que siguen en forma, xunto con xente que foi invitada a acompañarnos. 

Fixemos dous equipos: un cos históricos (donde tamén xogaron Abel, Fernando, Luis Naya, Mutio, Wash así como Chaves e Suso Malpica, que xogaron un tempo na portería de cada equipo) mais os invitados. Na outra banda os habituais da anterior temporada (os que siguen mais Arcay, Bernardo e Cancela, que o deixan nesta), aida que neste equipo faltaron algúns dos que tamén están fichados. Debutou Palermo, dianteiro procedente do San Isidro.

O resultado final incluiu unha pequena sorpresa, con un golazo de cabeza de Abel e outro de bo tiro lonxano de Mutio.  Ainda que iso era o de menos, o importante era pasalo ben.













Ó final, reunión no local do campo con pinchos e bebidas para todos. Houbo moita diversión e saber estar. Non saiu ninguén decepcionado de esta xuntanza. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario