FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 26 de agosto de 2018

AMIGABLE : VETERANOS SAN ISIDRO 4 - VETERANOS DE MALPICA 3



En un partido atípico para as nosa ringleiras (porque faltaban todos os xogadores de Malpica, que estaban de festa), xogamos un amigable en Razo contra o San Isidro, equipo que leva feito mais preparación que nós a estas alturas. Pero a nós valíanos para ir collendo forma. Viñeron a axudarnos para este cometido Alberto de Seaia e Chucho Canido, xa que o amigable ainda non era oficial, e mostraron que poden xogar perfectamente no noso equipo. Tamén debutaron parte dos que viñeron esta temporada (Javi Mato, Miguel e Palermo).

Xogaron no equipo inicial : Chaves, Miguel, Suso Zas, Chucho Canido, Alberto Choiva; Wash, Alberto de Barizo, Alberto de Carballo, Javi Mato; Joshua e Palermo. Despois viñeron Leo e Pedro.

O San Isidro chegou a poñerse 3-0, con un Marcos en plena forma que chegaba con claridade a nosa área. Cheiraba a cousa a goleada. Pero non estaba todo dito. Chegamos a empatar 3-3, con un Palermo en moi boa forma que seguro que nos vai a dar moitas alegrías. Pudemos ata poñernos por diante no marcador, en un par de bos contrataques que levaron moitos nervios as ringleiras rivais. Pero non marcamos e  Marcos non desaproveitou a última que tiveron para poñer o resultado definitivo de 4-3.

Boa pedra de toque. Quedamos bastante satisfeitos do mostrado. Sobrevivimos bastante ben a calor e ó campo. A semana que ven xa debutamos oficialmente con todo o equipo nun amigable no noso campo contra o equipo de Soandrés (o que se viña denominando a temporada pasada como Poniente).


Ningún comentario:

Publicar un comentario