FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 30 de setembro de 2018

VETERANOS DE FISTERRA 3 - VETERANOS DE MALPICA 0


Partido xogado con moitísima néboa, sin frío. O sol asomou ó final da contenda. Enfrente tiñamos o Fisterra, un equipo que, ainda faltándolle xente moi boa de outras temporadas (Iago, Rodrigo,...), dispón de un equipo xoven, rápido e aguerrido que é fiel as cores que defenden. Decir que xa unha hora antes do comenzo estaban entrenando e dando voltas arredor do campo da unha idea de cómo queren facer as cousas. Iso sería impensable nun equipo coma o noso. 

Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Chaves, Suso Zas, Alberto de Carballo, Alberto Choiva ; Arcay, Alberto de Barizo, Mutio, Leo; Joshua e Palermo. Despois xogaron Luis Naya, Nando, Carlos e Fernando Couto, non xogando por decisión propia Abel, Pedro e Wash, xa que estaban tocados de lesións anteriores. 


 


A primeira parte foi a mais pelexada por nós. Os nosos rivais empezaron forte, con moitos balóns en largo do seu número 8, Canosa, cara as carreiras de Josiño, ben controlados polos nosos centrais. Nós tivemos a mellor ocasión no min. 23, cando Palermo escapou dos centrais e controlou un balón diante da saida do porteiro. O seu tiro toca no gardameta e vaise mansiño cara a portería, dando tempo a un defensa a atallar o balón. Posteriormente, eles tiveron unha moi boa nun deses balón en largo, Suso Malpica saeu para despexalo. Estorbado polo dianteiro, só pudo tocalo, e o balón quedou nos pés do atacante. A nosa defensa estorbou o suficiente para que a ocasión non fora a mais.



No descanso ainda víamos as cousas bastante ben. Pensábamos entonces que, aguantando os primeiros quince minutos da segunda parte, teríamos opcións. Nada mais lonxe da realidade, o partido decidiríase de cara os fisterráns a partir do cuarto de hora. 

Antes tivemos outra ocasión moi boa. Palermo recolleu un balón a espaldas dos centrais, no vértice dereito da área grande. Só tiña que driblar ó porteiro e marcar. Pero decideu tocar en corto polo lado esquerdo do gardameta, saindolle mal e dando tempo a porteiro e defensa para actuar. Decisiva esta xogada, porque un par de minutos despois marcaron eles, nunha xogada donde se embarullaron Suso Malpica e Suso Zas con un balón franco para o noso porteiro, quedándolle o balón solto a un dos dianteiros, que tirou, despexando Suso Malpica e quedándolle o balón franco a Rubén, que marcou o 1-0. 

Eles, co gol, viñéronse arriba jaleados polos seguidores das gradas. E a nós xa nos faltaba o gas. Marcaron dous goles mais por medio de Daniel e Josiño, tendo outra ocasión moi clara con un penalti feito por Suso Zas, que parou brilantemente Suso Malpica, preto do pao dereito. 




Non nos gustou a arbitraxe de Jose Ageitos Pasantes. Si ben quixo pasar desapercibido, deixou pasar o xogo intenso e duro que propuxo o conxunto fisterrán. Houbo patadas moi evidentes que quedaron sin castigar con tarxeta.amarela. e parece mentira que os dous equipos acabaran con duas tarxetas amarelas cada un, cando só un deles pegou as patadas.  Con arbitraxes así, o Fisterra na sua casa terá as cousas doadas. Incluso, houbo un xesto desagradable por parte de Josiño a Chaves, antes do pitido final, que quedou sin amonestar (tamén hai que decir, que ofreceu disculpas inmediatas tan pronto acabou o partido, nos vestiarios).



E terminamos decindo que moitos dos nosos aproveitaron a escapada a Fisterra para levar as familias e comer alí, xa con un tempo espléndido. Como deben ser as cousas nesta liga de veteranos. 

4 comentarios:

  1. Creo que os comentarios son desproporcionados,cada un ten o seu punto de vista dicir que cos arbitraxes asi teremolo mais facil e poñer a culpa o colexiado e o mais facil cando o malpica tirou 2 vecen entre os 3 paus nos 90 minutos. Por outra parte esa xogada que comentas de josiño con chaves si queres pasoche o vidio para que vexas o intento de agresion do voso xogador.

    ResponderEliminar
  2. Sergio, non estamos escudándonos no árbitro. Si lees ben, en ningún lado puxemos que o partido se decidise con polémica arbitral. Dito ésto, para vós non resultará decisivo que xoguedes en Fisterra, pero sí que o é. E claro que querría ver o video da agresión que ti dis (porque eu estaba diante mismo deles e sólo vin ó noso xogador Chaves encimar a Josiño, dándolle un arrumbón que era falta, como tantas veces vin nun campo de fútbol, e a reacción desproporcionada de Josiño. Invitote a subilo a Facebook, ou mandarmo a mín para publicalo nós). E non é sólo ése video o que querría ver en Facebook, tamén me gustaría ver outros de partidos coma o do ano pasado. Lástima que non se grabasen os partidos e se emitiran por You Tube.

    ResponderEliminar
  3. Estaría ben ver ese video!
    Aver se os foradexogo que pitou eran ou non.
    Así os tiros a porta serían máis e o mellor caía algún gol.
    Gustoume competir contra vos!
    1 saudo, Sergio.

    ResponderEliminar
  4. Xa está subido ese video no facebook dos Veteranos de Malpica. Insistimos no que puxemos ahí, visto desde o outro lado non ten nada que ver a cousa con intento de agresión. Pero entendemos que, visto desde o voso lado (lado de atrás) e no video, sí que o parece. Tamén pensamos que, si fora intento de agresión...a que viría que o noso xogador Chaves reaccionase así ó acabar a xogada e Josiño pedira despois disculpas ?

    ResponderEliminar