FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 23 de decembro de 2018

VETERANOS DE MALPICA 3 - VETERANOS DE SOANDRES 1


Moi bo tempo para xogar ó fútbol en Pedra Queimada, con sol e temperatura agradable. Enfrente tiñamos ó Soandres, equipo que vai nos últimos postos da clasificación, pero que deu moita mais guerra da esperada.

Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Chaves, Suso Zas, Tono, Alberto Choiva; Javi Mato, Mutio, Alberto de Barizo, Tone, Luis; Palermo. Despois entraron Pedro, Nando, Arcay, Alberto de Carballo, Leo, Abel e Wash.






Primeira mitade donde o peso do partido levouno o Soandres. Con un xogador que leva con eles tres ou catro partidos, Valdemar Duarte Rey, que aparecía por todos os lados do ataque, en moi bo estado físico. Nós xogamos o peor fútbol da temporada, non dábamos unha a dereitas. Terminamos empatando a uns os primeiros cuarenta e cinco minutos, pero o resultado xusto houbese sido ir perdendo.

Ocasións da primeira parte: 

Min. 4 : Suso Malpica saiu a polo balón ó borde dereito da área grande e recolleuno antes de que saira. O árbitro sinalou que foi  man fora da área. Inexplicablemente non lle amosou cartón. A falta sacouse sin consecuencias.
Min. 8 : Balón que recolleu Palermo diante de un dos centrais e cóloullo por entre as pernas, cara a posición na dereita de Javi Mato, que tirou e rexeitou Carlos.
Min. 22 : O balón marchaba cara fora de banda no lado dereito do campo rival, mais Valdemar Duarte o perseguiu e conseguiu recollelo antes de que saira, levouno e adentrouse na área malpicán. Mutio foi a cerralo, o dianteiro fixo un recorte e Mutio derribouno. Penalti claro que o árbitro non pitou. 
Min. 26 (0-1) : balón bombeado ó area malpicán, dándolle nas costas a Valdemar Duarte, que o recolleu, salvando por baixo a saida de Suso e marcando.
Min. 35 (1-1) : Centro de Arcay desde a dereita ó corazón da área pequena e Juan Carlos Naya, querendo despexar, meteuno na sua propia porta.














Na segunda parte pudemos revertir o xogo. Ainda que tampouco foi para botar foguetes, a presión do Soandres xa non foi a mesma e Arcay mais Palermo empezaron a combinar mais. Poucas ocasións pero das que fixeron dano.

Ocasións da segunda parte :

Min. 67 (2-1) : Balón centrado por Arcay desde a esquerda, perfecto para a posición de Palermo. O dianteiro controlou e baixou o balón, marcando a pracer.
Min. 72 : Remate de Palermo que tocou en dous defensores e foi dar no pao esquerdo da portería rival.
Min. 77 (3-1) : Balón que recolleu Arcay no borde esquerdo da área grande, foi zafando dos defensas e cedeu a Palermo, que tirou e marcou.
Min. 87 : Wash recolleu en moi boa posición un balón centrado desde a dereita, que estaba pelexando Palermo con un dos centrais, e tirou de primeiras saindo balón preto do traveseiro.

Arbitrou o cormelán Lucas Vicente Vidal, árbitro xove que aparecera aló atrás na Voz polo detalle que tivo con un neno prebenxamín. Non gustou moito a ningún dos dous equipos. A eles non lles pitou un penalti claro e nós tamén lle reclamamos duas faltas claras dentro da área. Abusou moito da frase "non vín nada" porque non seguía o xogo de preto. Sí é verdade que a sua actitude foi cordial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario