FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 13 de xaneiro de 2019

VETERANOS DE MAZARICOS 4 - VETERANOS DE MALPICA 3




Moito menos frío do que esperábamos na Picota. Aparte de un pouco de vento, o sol fixo acto de presencia e minimizou o frío. No campo había contraste, según dera o non o sol.

Presentámonos en Mazaricos con casi que todos os efectivos disponibles, agás Alberto Choiva, Carlos, Suso Malpica e Tono Alfeirán (xente que soe vir tamén). Un verdadeiro problema para o noso mister, porque si viñesen os ausentes tería a sua disposición dous onces diferentes para poñer no campo. Os mazaricáns, líderes da nosa liga, presentaron tamén mesmo número de xogadores.

Veteranos de Malpica: Chaves; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Pedro; Tone, Alberto de Barizo, Mutio, Negro; Arcay e Palermo. Despois entrarían Miguel, José Regueira, Joshua, Leo, Javi Mato e Luis.






















Os locais tocoulle xogar na primeira parte con vento e sol a favor. Pero os primeiros vinte minutos foron nosos. Con unha doble ocasión fallida para Palermo: primeiro recolleu un balón centrado desde a dereita, acomodouno e tirou raso, despexando brilantemente o porteiro rival; o noso ariete recolleu o rexeite e, cando cantábamos o gol, estrelou o esférico no poste esquerdo da portería.

Pero non marcamos e sí o fixo o rival. No min. 22, Jose M. Alvite recolleu o balón a altura de tres cuartos de campo, pegado a línea de banda esquerda, e lanzou un dereitazo que, ca axuda do vento, entrou como unha exhalación, pegado ó poste dereito, sin que Chaves pudese paralo. Un xerro de auga fría para o xogo que estábamos desenrolando. Pero que foi rápidamente subsanado por Palermo, que recolleu un balón dentro de un rebumbio que se formou na portería rival e tirou, entre unha nube de xogadores, lonxe do alcance do meta.

Ata o descanso o xogo estivo mais repartido. Nós tivemos duas oportunidades moi boas, a primeira nun balón centrado desde a esquerda que se paseou por toda a área pequena local e Palermo cabeceou, estando só xunto ó pao dereito, pero o balón saiu fora por pouco. E na saida de un corner botado pola esquerda, o balón chegou a Pedro e o seu centro-chut estrelouse no traveseiro da portería mazaricán. E como pasara anteriormente, non acertamos e sí o fixeron eles no min. 38, en xogada de Rafael Labandeira, que entrou na área pola esquerda, pegado a línea de fondo, sorteou os nosos defensas e botou un pase en paralelo que foi rematado de primeiras por Ramón.











Non era xusto o marcador no descanso. Pero si o xogo foi movido na primeira parte, mais intenso tornou na segunda. Que principiou ó reves do que sucedera antes, pois os primeiros trinta minutos foron propiedade dos nosos rivais. Con Brais de conductor (ó cual non fomos capaces de frear) e con Jose M. Alvite, Rafael Labandeira e Ramón como estiletes, cada ataque deles era un perigro. Pero, a diferencia do que habíamos feito nós, eles marcaron dous goles mais (Rafael no min. 62 e Ramón no min. 77) para facer o 4-1. 

Xa o víamos todo negro, pensábamos nunha derrota clara, pero nada mais lonxe da realidade. No min. 79, Negro recolleu un balón en tres cuartos de campo e, tal e como fixera Alvite no 2-1, lanzou un tiro impresionante que, tamén axudado polo vento, colouse na portería do Mazaricos. E un minuto despois, nunha xogada nosa pola dereita, o centro bombeado vai en dirección ó pao esquerdo da portería e alí Palermo marcou o 4-3, metendo o balón co peito.

Xa había outro partido. E lanzámonos a polo rival, que non tiña mais remedio que facer faltar para frearnos. Ahi non tivemos protección arbitral ningunha, porque hubo faltas que merecían claramente tarxeta. Empezaron os nervios nos dous equipos e houbo detalles que non foron para nada deportivos.

No min. 85 chegou a xogada que pudo equilibrar o partido.Arcay escapou só co balón cara porta, o defensa perseguiuno e tentou desequilibralo no momento do remate. Ainda así, o noso 7 tentou tirar, rexeitando moi ben o porteiro. Mais o árbitro pitou igualmente penalti. A xogada foi moi larga: tirou o penalti Palermo, a esquerda da portería e a media altura, mais o meta convertiuse en salvador e despexou o balón. Ainda así, o despexe recolleuno Mutio e voltou a rematar, despexando Jesús Beltrán debaixo dos paos. Para nós, con moitísima polémica, porque creemos que o fixo dentro da portería (mais si non fora pitado gol, tería que haber sido penalti de novo porque petoulle no brazo, cando o tiña extendido). Pero esta vez o trencilla non quixo saber nada.



Arbitrounos, por terceira vez, Pablo Rama Cotelo, árbitro de Preferente. Sí que se notou que está en moi boa forma. E seguiu o xogo bastante de cerca. Agora ben, discrepamos na ausencia de tarxetas, tan só unha que mostrou ós nosos rivais (e foi por desconsideración). Porque houbo entradas por detrás que mereceron claramente o cartón amarelo, cousa que non mostrou nin siquiera no penalti pitado. Si un equipo meté o pé e da patadas, cando ve que non é sancionado, sigue dando leña i é unha ventaxa grande. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario