FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 3 de febreiro de 2019

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE CORME 1


Malpica amaneceu con unha temperatura de dous-tres graos. A xeada superouse e a hora do partido, o termómetro chegou a dez-once graos, sin vento e con sol que fixo mais agradable a práctica do fútbol. Partido intenso, como xa se preveía, donde calquera dos dous equipos pudo gañar. O resultado final non deixou contento a ningures..

Veteranos de Malpica: Carlos; Nando, Alberto de Carballo, Suso Zas, Alberto Choiva; Leo,  Tone, Alberto de Barizo, Negro; Arcay e Palermo. Despois entraron Chaves, Pedro, Luis e Abel. Non puderon vir bastantes xogadores habituais (Javi Mato, José Regueira, Joshua, Miguel, Mutio, Suso Malpica e Tono). Eles, que sepamos, tiveron a baixa importante do seu porteiro por lesión, moi ben sustituido por Paco, e a de Angel.












Oportunidades mais relevantes da primeira mitade :

Min. 1 : Alberto de Barizo mandou cara a posición de Palermo, que colocou o balón pero o seu tiro saiu desviado.
Min. 4 : Carlos despexou apuradamente o balón pero saiulle froxo, caendo a pés de Walter, que o tentou bombear para superar ó noso porteiro e saiulle desviado.
Min. 17 (1-0) :  Balón en largo de Alberto de Carballo, non chegou a tocar ca cabeza o defensa i alcanzou a posición en solitario de Palermo, que driblou a saida de Paco i foi derribado. O conseguinte penalti marcouno inapelablemente Negro.
Min. 19 : Balón que consigue levarse Palermo e, cando lle saiu Paco, pasou a sua dereita donde estaba Arcay só. Si tirara de primeiras podría haber sido gol, pero o noso 7 quixo colocar o balón e tirou froxo, rexeitando Paco.
Min. 20: Ataque da dianteira cormelán, que conseguiu despexar a defensa malpicán moi apuradamente.
Min. 30 : Ataque do Corme pola esquerda, mandaron o balón  cara Jose, que entrara só polo medio i marcou por baixo, salvando a estirada de Carlos.
Min. 31 : Balón cara a posición (creemos que en fora de xogo) do número 10 cormelán, chegou ata a liña do fondo e fixo o pase da morte cara atrás. Cando parecía que iban a ser gol, o balón da no pao e Suso Zas aborta a xogada.
Min. 36 : Escapada de Palermo, dándolle o pase da morte a Arcay, totalmente só, pero o seu tiro foi parado por Paco.
Min. 37 : Repetición da mesma xogada, pero esta vez a Palermo non lle saiu un bo pase i atallou Paco.
Min. 45 : Córner a favor do Corme. O rexeite da nosa defensa chegou ó número 3, que tirou pegado ó poste dereito i detivo moi ben Carlos.










Menos oportunidades na segunda parte. Ó cansancio, lóxico pola intensidade da primeira, uniuse que os defensas tamén chegaron a controlar mais. Éstas foron as mais relevantes:

Min. 61 : Escapada de Jose pola dereita cara línea de fondo. Fixo o pase da morte cara atrás e Leo meteu un pé salvador, cando xa estaban os dianteiros do Corme prestos a rematar.
Min. 67 : Gran xogada de Negro pola dereita. Internouse na área grande, tentando frear entre tres defensas. Negro caeu e o árbitro non viu nada punible.
Min. 71: O número 10 cormelán conseguiu desfacer o fora de xogo en que o quixo meter a nosa defensa. Carlos saiu a desesperada, conseguindo desviar a sua traxectoria cara a esquerda do campo. A xogada acabou sin consecuencias.



                                     

Arbitrou D. Daniel Martínez Ferreiro. Todo o fixo ben durante oitenta minutos (casi non sacara tarxeta algunha e ningún dos dous equipos se desquiciou con él) e, para nós, o transformou daquela. Puxo unha tarxeta a Alberto de Carballo por reclamar unha amarela para un rival. Tarxeta lóxica si non fora porque cambiou o criterio, xa que os cormeláns pasáronse todo o partido reclamando tarxetas amarelas para nós i él non lles puxo nin a primeira por ese motivo. I expulsou a Tone, poñéndolle unha segunda amarela co tempo cumplido, cando o noso centrocampista reclamou que había dado o pitido final nunha falta perigrosa ó noso favor ó borde da área grande. Os de Corme reclamaron que a xogada de Palermo que supuxo o penalti e gol partira de un fora de xogo. E nós creemos que a internada de Negro no min. 67 foi penalti.

Co árbitro fora do campo, houbo un incidente mais no saudo entre ambos equipos, cando Asier quixo darlle a man a Carlos i éste non a quixo dar. Asier chamou ó noso gardameta "paiaso". Si non nos metéramos os demais no medio, o incidente podería pasar a maiores. Hai un dito que se lle pode aplicar a esos dous "tan bó é Xan como Pericán". Inmerecido, porque o ambiente entre equipos foi bastante bó. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario