FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 27 de xaneiro de 2019

VETERANOS DE LEILOIO 1 - VETERANOS DE MALPICA 3



Boísimo tempo para xogar este partido. A auga soamente apareciu unha vez acabado. Os dous equipos con xente abonda, ainda que eramos nós mais.

Veteranos de Malpica: Carlos; Chaves, Alberto de Carballo, Alberto Choiva, Pedro; Tone, Mutio, Joshua, Arcay e Palermo. Despois entraron Nando, Suso Zas, Luis, Miguel e Abel.

O Leiloio non tivo disponible hoxe na portería a Cañarte, polo que se puxo de porteiro o adestrador/defensa Pol. Eso fixo que, para vixiar os ataques de Palermo dispuxeran de Marcos, perdendo moito poder de ataque. Só cambiaron cando xa iban perdendo 0-2 e ahí notouse a diferencia. Esta vez, a diferencia do partido de ida, a efectividade caeu para o noso lado. Usamos a dous porteiros, porque no min. 63 Carlos retirouse mancado, poñéndose baixo paos Chaves.

 
















Oportunidades da primeira mitade :

Min. 2 : Palermo recibiu de costas a defensa, xirouse e tirou, saindo a pelota preto do poste dereito.
Min. 8 : Pase en profundidade do Leiloio, cara a carreira de Alvaro. Tivo que sair Carlos para despexar, ainda que o balón petou en Alvaro, saindo por línea de fondo.
Min. 25 (0-1) : Palermo controlou un balón en largo na esquerda da área grande, avanzaou sorteando defensas e marcou, disparando a dereita de Pol.
Min. 45: Luis recolleu un balón, preto do pico dereito da área grande, e tirou, colocado pero alto.














Oportunidades da segunda parte: 

Min. 47 : Ataque do Leiloio que pillou a Carlos descolocado. Leo chegou para salvar os mobles, despexando con apuros, cando xa estaba un dianteiro rival presto a rematar.
Min. 58 : Centro do Leiloio desde a dereita e o balón foi peinado por un dos seus atacantes, chegando a Luis que estaba só no segundo pao. O seu cabezazo saiu desviado, cando xa se cantaba o gol.
Min. 60 (0-2) : Rexeite da defensa do Leiloio que foi parar a Mutio, preto de tres cuartos de campo. O seu tiro de parábola sería un gran gol, pero deu no pao. O rexeite aproveitouno Palermo para marcar.
Min. 77 : En xogada de ataque do Leiloio, Marcos tirou moi forte pero rexeitou moi ben Chaves a córner.
Min. 80: falta .lonxana sacada por Mutio e despexe de Pol a córner.
Min. 84 (1-2) : Balón bombeado desde a dereita do ataque do Leiloio que chegou a Marco, só, e marcou a pracer.
Min. 90 (1-3) : Arcay fíxose con un balón na area, recortou ó defensa que o cerraba, e tirou por baixo, marcando por baixo.
Min. 90+1: Mutio botou unha falta, o balón deu no pao e saiu.




Arbitrou Iván Ferreiro. Non o fixo nada mal. Non quixo sacar cartóns agás o que lle amosou a Pol, por unha suposta man cando saiu da área grande para cortar un ataque de Palermo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario