


Tempo de orballo en Fisterra que non chegou a mais. Así fíxose doado xogar ó fútbol. Os dous equipos con varios cambios, aínda que había algunhas ausencias (no noso equipo faltaron dos mais habituais Alberto de Barizo e Nacho, aparte de Javi Bermejo e Pedro, que sigue lesionado). Nos rivais, por algúns que faltaran, siguen tendo un equipazo que seguramente gañe a liga.
Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Luis; Arcay, Mutio, Alberto Choiva, Leo; Richard e Palermo. Tamén xogaron Abel, Carlos, Chaves e Fernando Couto.
Goles:
1-0 (min. 22) : Tata recibeu un balón na beira da área e disparou. Ó seu tiro lanzouse Suso Malpica para deter o balón pero non conseguiu mais que tocalo i o esférico entrou.
2-0 (min. 68): Córner ó noso favor. O rexeite da defensa fisterrán permite un contragolpe moi ben levado por Alturitas, acompañado de dous xogadores mais contra un só defensor noso. A asistencia do número 18 para Mané deixou só ó dianteiro centro, que fusilou a pracer.
3-0 (min. 85): Asistencia de Huete as costas da nosa defensa, moi ben aproveitada por Tata. O seu disparo, aínda que é rexeitado por Suso Malpica, marcha por alto e volve a pés do dianteiro, que marca sen oposición.
Tentamos xogar contidos e ordenados, deixando a iniciativa ó rival, que buscaba a saída de balón de Guardiola e os seus centros e asistencias ó área, bastante ben controlados polos nosos centrais. Outra opción que escolleron eran os tiros nas chegadas en segunda liña, moitos deles saíndo altos ou detidos fácilmente por Suso Malpica. Salvo o gol, ó cal tamén casi estivo a piques de controlar mais escapou.
Na segunda mitade o técnico fisterrán optou por cambiar a Guardiola ó posto de mediocentro, reforzar o centro do campo con Huete e buscar a velocidade por banda de Alturitas e Zeus. Saíulle moi ben o contragolpe no segundo gol (temos que mellorar a defensa nos córners a favor) i a punto estivo de marcar outro igual que impediu o cruce oportuno de Suso Zas. E redondearon a faena con unha asistencia as costas da nosa defensa e outro gol de Tata. Casi eficacia plena.
Arbitrou Rai Reborido. Bastante contemplativo, deixou xogar bastante. Os nosos só lle reprocharon unha xogada da primeira parte na que Gringo sacudiulle ca man a Palermo dentro da área, nun xesto para que non chegara ó balón. Por contra, as únicas tarxetas amosadas (ó noso equipo) foron claras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario