Vento xélido de nordés en Pedra Queimada. Ese vento condicionou todo o partido. Os dous equipos con abundantes ausencias, só doce homes por cada un dos cadros, insuficientes para afrontar o choque con garantías. No noso caso, significativas, xa que non dispuxemos dos porteiros habituais nin dos centrais, aparte de que seguimos tendo lesionado a Alberto de Barizo. No caso dos centrais, o mister dispuxo unha dupla inédita con Leo e Nacho.
Veteranos de Malpica : Chaves; Nando, Nacho, Leo, Luis; Choiva; Arcay, Richard, Mutio, Javi; Palermo. Tamén xogou Abel.
Goles:
0-1 (min. 5): Balón en longo cara a nosa área, que en principio o quería controlar Chaves, pero ca forza do vento desvíase, quedándolle franco a Jose A. Rey, que marcou, zafando do noso porteiro.
1-1 (min. 33): Córner botado por Mutio cara o punto de penalti. O vento fixo que o balón virase cara portería, a altura da escuadra dereita. Por alí entrou Palermo, que non esperou a saber que pasaría e meteu a testa para marcar.
2-1 (min. 66): Balón de Arcay en longo para o desmarque de Richard, que escapou só cara porta e bateu por baixo a portería do Dp. Carballo.
2-2 (min. 83): Agora foi Victor o que sacou un córner e o balón pasou limpamente por enriba de Chaves, facendo un gol olímpico.
Na primeira metade xogamos a favor de vento e o rival fíxoo na reanudación. Mais o noso equipo, contrariamente ó que se debería de supor, case que non soubo adaptarse a esa circunstancia. Non nos saía unha a dereitas, salvo as xogadas dos goles. Non se combinou no medio do campo nunca. E sufrimos para remontar, e despois puntuar. O empate non foi satisfactorio para ningures, mais tampouco poderíamos pedir milagres con ese vento.
Arbitrou Luis Insua Lado. Ben, pasou bastante desapercibido. Non puxo nin unha soa tarxeta, cousa lóxica porque o partido foi bastante limpo. A única reclamación nosa foi un fora de xogo pitado a Richard, nunha xogada case calcada a que minutos despois suporía o 2-1.
Ningún comentario:
Publicar un comentario