O sol acompañounos durante todo o partido, aínda que polo cedo que tivemos que xogar a temperatura non era alta. Hoxe eramos quince efectivos (só faltaron os lesionados Alberto de Barizo, Carlos e Pedro, mais Nando). O rival tamén tivo cambios abondos, ainda que non tiveron a Rizos por lesión.
Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Chaves, Suso Zas, Alberto de Carballo, Alberto Choiva; Richard, Mutio, Leo, Nacho; Arcay e Palermo. Despois xogarían tamén Abel, Fernando Couto, Javi e Luis Naya.
Goles:
0-1 (min. 34): Palermo adentróuse na área en moi boa posición, zafou de Alfonso mais cando estaba a piques de rematar foi trabado polo porteiro. O árbitro decretou penalti, que o tirou Palermo enganando totalmente o gardaredes.
1-1 (min. 52): Ca nosa defensa adiantada, o centro do campo mandou un balón en largo para a carreira de Rubén, que chegou casi ata a liña de fondo e mandou un pase medido para J. Carlos, que bateu a Suso Malpica.
1-2 (min. 68): Xogada individual de Arcay, que recolleu un balón na dereita do campo, librouse das entradas de dous defensores avanzando cara o centro e tirou axustado ó pau dereito da portería. Un bonito gol.
2-2 (min. 84): Outra escapada de Rubén, calcada a do primeiro gol deles. Esta vez o dianteiro marchou só cara porta e superou a saída de Suso Malpica.
O partido era desequilibrado nas idades (a diferencia de edade media entre ámbolos equipos era notoria) pero case que se decidiu nunha xogada no min. 21, cando Richard mandou un pase que deixou só a Palermo cara porta. Soutullo, ó cal hai que agradecerlle que non zancadilleara ó noso dianteiro, non chegaba a frealo e agarrouse a camiseta do noso 9 sen posibilidade de deixarlle correr para encarar a Alfonso. O árbitro decretou a expulsión e igualou as forzas, que noutro caso deixaríanos moi minguados, xa que chegou tamén a lesión tempraneira de Alberto de Carballo.
Foi un encontro bonito e disputado, con ocasións para un resultado maior, e no que destacaron tamén os porteiros e defensas. Suso Malpica amosou (unha vez mais) a súa valía e porqué está considerado como un dos mellores da liga. No equipo rival destacou a entrada de Zeus, que deulle moita verticalidade ó seu xogo.
Arbitrou D. Javier Mella. Unha arbitraxe seria, como acostuma. Acertou na expulsión mais tamén en non facer caso ó San Ramón, que pedían vermella para algún dos nosos xogadores posteriormente, só porque a eles habíalle expulsado un xogador. Nós reclamámoslle tamén unha man do porteiro, xa que recolleu un balón na beira da área grande e saíu con claridade fora dela co balón na man. Así mesmo deixou saír en fóra de xogo claro a un dianteiro rival nunha xogada que puido chegar a ser gol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario