


Tempo precioso para a práctica do fútbol. Un sol primaveral, case de verán recibiunos en Pedra Queimada para celebrar o derbi, con un pouquiño de aire. Os dous equipos presentaron quince-dezaseis efectivos. Si que nos deu envexa ver que no equipo rival aparecen xogadores de un pasado recente (Dani Calvete, Leiteiro, Victor Vilar mais Diego e Secundino que hoxe non puderon estar, Emilio que tamén din que poderá estar...) mentres que no noso...grazas que temos a Suso Malpica (do resto de xogadores que estiveron no Malpica recentemente só se animaron a xogar con nós -en diferentes temporadas- Alfredo, Marco Posiño, Manu Pardo e Mutio). O que debería de ser un costume na vida dos xogadores de fútbol non acaece en Malpica e si noutros luares. Grazas a ter e haber tido compañeiros de afora, os cales había que facerlle un monumento por acudir (ás veces facendo imposibles), podemos gozar de esta reunión entre amigos que é o fútbol de veteranos.
Veteranos de Malpica : Suso Malpica; Nando, Suso Zas, Carlos, Chaves; Arcay, Mutio, Alberto Choiva, Nacho; Richard e Palermo. Despois xogarían tamén Abel, Fernando e Luis.
Goles:
1-0 (min. 78) : Nacho sacou un córner desde a esquerda, facendo un gol olímpico. O balón entrou limpamente, axudado polo vento ó noso favor que había.
2-0 (min. 88): Nos últimos intres do partido, un pase entre liñas de Richard deixou só cara porta a Arcay, que regateou a Ramón e marcou a porta valeira.
O resultado é bastante enganoso. Aínda que na primeira metade houbo moito mais equilibrio no xogo, grazas a que as defensas estiveron mais acertadas que as dianteiras, na segunda o equipo oleiro gozou de tres ocasións claras para adiantarse no marcador. Nunha delas porque Victor non rematou certeiramente cando estaba perfectamente colocado para facer gol e nas outras dúas porque Suso Malpica apareceu providencialmente para paralas (unha con fortuna porque deulle o balón na cara). Non foron capaces e o partido acabou decantándose ó noso lado.
Arbitrou Pablo Rama Cotelo. Bastante ben. Non quixo poñer tarxetas, motivos demos para amosar algunha. Os rivais protestaron os fora de xogo pitados, sobre todo un que deixaba só ó dianteiro para marchar cara porta. Nós unicamente un rifirafe entre Palermo e Suso dentro da área, onde pareceu que houbo un golpe ca man do defensa que o colexiado non considerou punible e quixo resolver chamando ós dous aparte para calmarse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario