Ceo cuberto de nubes en Laracha. Afortunadamente a auga non se presentou, só un pouco de vento algo molesto por momentos.
Veteranos de Malpica : Suso Malpica ; Nando, Suso Zas, Carlos, Chaves; Alberto de Barizo, Mutio, Alberto Choiva, Nacho ; Richard e Palermo. Despois xogarían tamén Abel, Fernando Couto e Luís. O rival presentouse con seis cambios.
Goles :
1-0 (min. 22) : Erro na saída do balón entre Suso Malpica e Chaves, debido a presión dos dianteiros do Bértoa. O noso porteiro pretendeu zafar da entrada de Cotelo nun extremo da área grande, mais pisou mal e o balón quedoulle franco ó dianteiro que levantou o balón i este entrou mansamente na nosa portería.
1-1 (min. 30) : Un erro parecido no intento de sacar o balón na defensa rival, disputouno Richard que conseguiu facerse co balón na dereita da área pequena e asistiu cara ao centro para que Palermo empatara.
1-2 (min. 52) : Balón entre liñas de Mutio cara o desmarque de Palermo, que se plantou só diante de Roberto e bateuno por baixo.
2-2 (min. 71) : Córner botado desde a dereita. Suso Malpica berrou para que lle deixaran a el. Mais Luis, que estaba no primeiro pau, despexa de cabeza e o balón vai parar a Cachizo, que empalmou un tiro inapelable que supoñía o empate.
Partido mais equilibrado na primeira parte que na segunda. Antes do descanso o xogo foi moito mais controlado e as ocasións escasas.. No noso equipo si que hai que resaltar que por fin viuse combinar o balón os nosos atacantes, deixándose de individualismos.
Na segunda metade marcamos cedo. E a partir de ese intre o Sp. Bértoa puxo toda a carne no asador e pasou a xogar continuamente no noso campo. Non empataron antes porque tiveron mala sorte, xa que aparte das paradas de Suso Malpica (omnipresente), tiraron dous tiros ós paus. Tanto foi o cántaro a fonte que conseguiron resultado. A partires do 2-2 foi todo mais "calmado".
Arbitrou Luís Emilio Pérez Fernández. Bastante condescendente. Houbo faltas que puideron levar tarxeta mais non a mostrou. Terminou amosando un par delas por equipo. Os xogadores protestáronlle bastante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario