FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de febreiro de 2020

VETERANOS DE MALPICA 3 - VETERANOS DE LEILOIO 0
















Ceo totalmente encapotado e un orballo persistente empapou ós xogadores o primeiro do partido. Só ahí apareceu a chuvia, despois non volveu a amosar durante todo o partido. Si que fixo vento, antes do descanso era o Leiloio quen o tiña a favor, despois o tivemos nós.

Veteranos de Malpica : Suso Malpica ; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Chaves; Alberto Choiva; Alberto de Barizo, Mutio, Richard, Nacho; Palermo. Xogarían tamén Abel, Arcay e Luis. Faltaron Carlos, Leo e Pedro mentres os rivais (que presentaron quince xogadores) non tiñan (que nos déramos conta) a Victor Novo.

Goles :

1-0 (Min. 22) : Asistencia desde a dereita de Palermo para Nacho, que estaba só no centro e fusilou a rede.
2-0 (min. 60) : Libre indirecto sacado en corto por Alberto Choiva para Mutio, que empalmou un tiro impresionante que entrou como un obús na portería do Leiloio.
3-0 (min. 78) : Xogada individual de Palermo, que recolleu un balón en tres cuartos de campo, pegado a liña de banda dereita, arrancou e sorteou a canto defensa entrou, driblou tamén a saída do porteiro Cambón e marcou a porta valeira.

Partido moi serio dos nosos, que sairon a por todas e  xa mereceron chegar con mais vantaxe ó descanso. Un penalti claro non pitado no min. 3, dúas internadas de Nacho, unha deixada de Nacho a Richard que tirou moi desviado cando tiña a Palermo só a súa dereita mais outro tiro de Palermo que despexou Cambón, puideron aumentar o resultado.

Na segunda metade, aparte dos goles, houbo outro tiro impresionante de Mutio desde trinta metros que bateu no traveseiro. Os rivais puideron meterse no partido, cando con 2-0 unha internada de Cañarte acabou co dianteiro caído no choque con Suso Malpica, pedindo os de Leiloio penalti.

Arbitrou D. Bruno Méndez i esta vez si que se aplicou con gañas o seu labor. Non quixo saber nada das continuas protestas dos de Leiloio, ós que púxolle catro amarelas, mentres que a nós só nos amosou unha a Alberto Choiva, totalmente merecida por un agarrón. Nas xogadas conflitivas, un penalti reclamado por cada equipo, o primeiro a nós que si o foi pola nova normativa (involuntario, mais o brazo estaba totalmente estendido) e o segundo a eles, no que aínda que houbese VAR, estaríanos un montón de tempo debatendo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario