FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 23 de febreiro de 2020

VETERANOS CORME 0 - VETERANOS MALPICA 3
















Ceo encapotado, con néboa persistente e temperatura baixa no Cairo.

Veteranos de Malpica : Suso Malpica; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Chaves; Arcay, Mutio, Alberto Choiva, Nacho; Richard e Palermo. Despois xogarían tamén Abel, Fernando e Luis. O rival, con moitos problemas de efectivos por lesións e sancións, non pudo dispoñer nin siquiera de un once estable para afrontar a maior parte do partido, tendo que acudir con xente mancada.

Goles :
0-1 (min. 19) : Centro desde a dereita cara a Richard que o central non puído atallar, o noso número 14 entrou co balón ata a cociña e serviu unha asistencia a súa esquerda a Palermo, que estaba só e remachou o gol.
0-2 (min. 47) : Nacho fixo parede con Palermo i entrou só pola banda esquerda da área cormelán, lanzando lonxe do alcance de Castro.
0-3 (min. 85) : Mutio bota o balón en longo á área. Palermo, rodeado de defensas, deixa pasar o balón, entrando Nacho por detrás e marcando por baixo diante de Castro.

O partido quedou determinado pola escaseza de xogadores cormeláns que se presentaron a xogar. Aínda que foi doado xogar contra dez, os nosos empeñaronse en estragar a superioridade numérica facendo, a maioría das veces, pases sen moito sentido. De todas formas, ca calidade individual dos nosos dianteiros conseguiuse que non se notara no resultado. Quedou o partido visto para sentencia no min. 47 co segundo gol. A partir de aí, xogo repartido para ámbolos bandos, esperando o final.



Arbitrou David Cancela. Moi contemplativo, abusou de non querer pitar faltas moi claras. A nós non nos gustou como pitou hoxe. Parecía como que quería equilibrar cas suas decisións a diferencia de efectivos entre os dous equipos. Isto que escribimos non ten nada que ver co seu trato persoal, educado e respectuoso.


Ningún comentario:

Publicar un comentario