FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 1 de marzo de 2020

VETERANOS XORNES 1 - VETERANOS MALPICA 2





















Si fixéramos caso ó que anunciaban os do tempo sobre de certo temporal ó que parece que lle poñen nome para que semelle mais perigoso, non teríamos que ir a Buño a nada. A cousa non foi como a pintaban, polo menos mentres estivemos alí. Por anacos sol, por anacos nubes, e algunha chuvia dispersa e bastante vento. O típico de inicios de marzo.

Veteranos de Malpica : Nacho; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Luis Naya; Alberto Choiva; Alberto de Barizo, Mutio, Richard, Arcay; Palermo. Despois xogarían tamén Abel, Fernando Couto e Marco Posiño. Os rivais empezaron solo con once, despois chegaron a ser tamén catorce.

Goles :
0-1 (min. 1) : Nando centrou desde o lateral, o central do Xornes non acertou a cortar, e ó balón chegou antes Palermo que o porteiro rival, elevándolle a pelota para marcar.
0-2 (min. 61) : Asistencia cara á dereita a Palermo, que se foi do seu par e cruzou diante da saída do porteiro. 
1-2 (min. 67) : Alberto de Barizo cedeu o balón atrás pensando que había un compañeiro e o que estaba era Joaquín, que recolleu o balón e largou un tiro impresionante que lle sacou as telarañas a escuadra esquerda da nosa portería. Nacho solo puido seguir o balón ca vista. Un gran gol.

Partido entretido o que houbo en Xaviña hoxe. Na primeira parte marcamos moi cedo, pero non nos valeu para estabilizar o xogo. Eles, con Ismael e Pablo de Seaia bastante activos, non deixaron que movésemos o balón con comodidade. Tivemos un par de ocasións boas, con un cabezazo de Luis a saída de un córner, que se foi alto, e un tiro tamén alto de Palermo, cando estaba en unha posición moi boa para marcar.  Eles xogaban moi lonxe da nosa portería, mais estiveron a piques de sorprender nun par de indecisións de Alberto de Carballo, nas que o noso defensa se tivo que aplicar para despexar.

Na segunda parte puxémonos 0-2 pero fallamos balóns claros para ampliar vantaxe. Non  o fixemos e na primeira oportunidade que tiveron eles fixeron o 1-2, metendo ós de Xornes no partido, momento en que empezaron a dominar o partido e non deixarnos saír do noso campo. O minuto que puido decidir todo foi o 84, pois nun minuto fallaron primeiro eles nun tiro desde lonxe de Fernando que deu no traveseiro e no contragolpe Richard chegou só diante do porteiro e con toda a portería presta para el, mandoulle o balón as mans. 

Arbitrou Adrián Carlos Villar Fernández. Moi ben. Non houbo xogadas conflitivas, pero arbitrou con criterio. Alargou o partido catro minutos e pico, diante da desesperación nosa porque temíamos polo resultado. Pero foi cousa normal, porque houbo que parar o tempo nun par de ocasións en que había xogadores caídos por unha lesión. Puxo dúas tarxetas amarelas por equipo, tres delas por protestar. Todo moi ben explicado polo trencilla cando lle preguntamos ó acabar o partido. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario