FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 8 de marzo de 2020

VETERANOS FISTERRA 2 - VETERANOS MALPICA 4
















Ao primeiro, ceo encapotado e bruma como acostuma a verse moitas veces en Fisterra. Finalmente fóronse as nubes e asomou o sol.

Veteranos de Malpica :  Chaves; Nando, Leo, Alberto de Carballo, Luis ; Alberto Choiva; Arcay, Alberto de Barizo, Richard, Nacho; Palermo. Despois xogarían tamén Abel, Fernando Couto e Wash  (incluso coincidirían xogando ó mesmo tempo, cousa que o mister tivo que armar polas lesións de Arcay e Alberto Choiva).

Goles
0-1 (min. 27) : Córner botado desde a dereita, o balón foi rexeitado de cabeza pola defensa á beira da área e chegou a Luis, que tocou de empeine fora do alcance do porteiro.
0-2 (min. 36) : Xogada individual de Richard, que sorteou rivais e prantouse só diante de Luis e bateuno pola sua esquerda.
1-2 (min. 38) : Xogada de Alexandre, que recorreu toda a banda esquerda e tirou preto do poste esquerdo da nosa portería. 
1-3 (min. 45) : Xogada preto do banderín de córner esquerdo, Palermo pasou o balón a Nacho, que cruzou lonxe de Luis. 
1-4 (min. 57) : Falta directa moi ben tirada por Richard, na que o porteiro pouco puido facer.
2-4 (min. 81) : Balón forte raso cara a nosa área, que pasou por debaixo do pé de Alberto Carballo, e chegou a Daniel Pose, que pelexouno diante de Chaves e marcou. 

Nove baixas pola nosa parte na visita a Fisterra, pero presentamos un once compensado (puído vir Leo, que lle sirve a Dourado de comodín para calquera posición de campo onde falte un home). Eles tamén tiñan ausencias, faltou o goleador da ida (Salva) e Piki tivo que exercer de central. A calidade dos homes de arriba nosos (Nacho, Palermo e Richard, xa que Arcay caeu lesionado no min. 35) decidiu moito do choque na primeira metade. Ademais dos goles, tivemos un penalti a favor que Palermo tirou contra o lado esquerdo da portería e Luis Abelleira adiviñou a intención do noso dianteiro e parou ben. O Fisterra, aparte do gol, tivo un par de aproximacións moi perigosas, que finalmente estragaron, tirando lonxe dos tres paus.

No segundo tempo, foi un monólogo por parte deles, encerrándonos no noso campo, pero a maioría das ocasións marchaban fora. As nosas forzas xa non eran as mesmas, mais tiñamos en punta a Palermo, que tentábao de toda-las formas posibles. Co 1-4 o partido quedou visto para sentencia, aínda que o Fisterra non se rendeu e seguiuno tentando.

Arbitrou Manuel Rodríguez Rojo, un árbitro moi novo para unha tarefa tan difícil como levar a xente de Fisterra. Mais o fixo moi ben, pasou bastante desapercibido (tres cartóns amosados os fisterráns, un a nós). No penalti acertou, a man estaba estendida. 

1 comentario: