FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 30 de xaneiro de 2022

VETERANOS DE CORME 3 - VETERANOS DE MALPICA 3 (XORNADA 8)

O sol fixo superable a xeada que había a primeira hora. A xente que saiu a xogar e o fixo abrigada foise desprendendo de ese abrigo ao pouco de empezar. Organización perfecta no Cairo disposta por Suso da Torriña e os veteranos. Moito nos queda por aprender en Malpica.
Goles:
0-1 (Min. 19) : Palermo
0-2 (Min. 36): Palermo
1-2 (Min. 55):René
1-3 (Min. 59): Palermo
2-3 (Min. 87): Adolfo
3-3 (Min. 93): Abel
En ausencia de Suso Malpica, o mister optou por colocar a Carlos na portería (xa que Nacho prefire xogar diante). Iso tamén nos da certos riscos a hora de afrontar o partido porque Carlos non é un porteiro ao uso. Na portería rival, os dous porteiros que teñen nos Veteranos de Corme sufriron a desfeita da expulsión en Leiloio e tivo que poñerse o bó de Oscar.
Mais nós non somos tampouco un equipo ao uso. Sabendo que calquer balón tirado entre os tres paus sería perigroso, empeñámonos en chegar co balón xogado as inmediacións de Oscar. E foinos ben durante bastante treito do partido grazas ao acerto de Palermo, que fixo un hack-trik. Mais fallamos dous ou tres goles cantados que puderon facer acabar o partido en goleada pola nosa parte.
Todo se torceu nos últimos seis minutos de partido. No min. 87, Adolfo conseguía o 2-3 que os metía no partido. Carlos pelexou para quedarse co balón no fondo das redes con varios dos xogadores cormeláns que querían o mesmo. O mais vehemente foi René. O encaramento foi saldado acertamente polo árbitro con expulsión para ambos. E nós sin porteiro (xa Nacho e Chaves tiveran que marchar antes de que acabara o partido), poñéndose Diego na portería. No minuto final, gol do empate desde o medio campo de Abel que provocou unha festa no Cairo. E nós, ca sensación de haber perdido dous puntos, non gañado un.

1 comentario: