FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 13 de marzo de 2022

VETERANOS DE BUÑO 2 - VETERANOS DE MALPICA 2 (XORNADA 14)

Tempo desapacible en Buño, con auga, vento e algo de frío.
Goles:
1-0 (Min. 18) : Viti.
1-1 (Min. 35): Palermo (de penalti).
1-2 (Min. 72): Mutio.
O tempo non impediu que os dous equipos amosaran o seu impetú i, en xeral, viuse un bo derbi. Ós oleiros faltoulles Dani Calvete e mais tiveron que poñer un xogador de campo de porteiro, o cal non redundou moito no resultado porque nós tiramos moi pouco entre os tres paus. No Malpica, as ausencias xa consabidas de Gurita,Richard e Suso Zas, sumamos as de Suso Malpica e Alberto de Barizo. A primeira delas fixo que Nacho pasara a portería, un atacante menos.
Na primeira mitade xogo bastante dividido e non se daba ningún balón por perdido. Non foi tampouco o mellor partido noso.
Na segunda parte, houbo un primer cuarto de hora donde os oleiros, xogando moi ben, parecía que iban a decantar o choque. Mais non marcaron o segundo e, conforme pasaban os minutos, fixémonos co dominio do esférico e conseguimos marcar o 1-2 no min. 72. Oito minutos despois chegou a igualada final.
Arbitrou David Cancela, colexiado con bó talante. Mais non gustou a ningún dos dous equipos, porque pitou todo o contrario do que a maior parte dos xogadores pensamos. Aparte de que decidiu o choque en, polo menos, dúas accións puntuais: os oleiros reclamaron que o empate noso da primeira parte veu nunha acción que para nada o era e que pitou como compensación de un clarísimo de Suso Cereo, un par de minutos antes, que David Cancela non veu. Nós reclamamos o segundo gol oleiro, donde, aparte de que o atacante estaba claramente en posición de fora de xogo, no inicio da xogada sacaronlle o balón a Arcay con unha patada moi clara. Tamén houbo certa descompensación nos cartóns amosados : cero cartóns para o Buño e dous para nós, cando o número de patadas e reclamacións ó árbitro merecedoras do cartón foron prácticamente as mesmas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario