FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 6 de marzo de 2022

VETERANOS DE MALPICA 4 - VETERANOS DP. CARBALLO 1 (XORNADA 13)

Tempo mais que decente, con bastante sol, en Pedra Queimada. Únicamente un pouco de vento que se notaba bastante.
Goles:
1-0 (Min. 17) : Palermo.
2-0 (Min. 27) : Joshua.
3-0 (Min. 46): Palermo.
4-0 (Min. 60): Mutio (de penalti).
Partido casi calcado ao da anterior semana en Fisterra. Empezamos o partido e xa nos primeiros quince minutos tivemos catro ocasións moi claras por medio de Mutio (con tiro ao pau que pudo haber sido un gran gol), Joshua, Nacho e Palermo. No 17 marcou Palermo nunha xogada que xa pudo haber sido penalti sobre Nacho. E, a diferencia do partido da semana pasada, xa chegamos ó descanso con ventaxa de 2-0. E nada mais empezar a segunda parte, Palermo sentenciaba o partido. No min. 60, penalti innecesario que o árbitro nos concedeu e Dourado voltou a poñer a unidade menos habitual en xogo, conseguindo o gol da honra o Dp. Carballo no min. 80, por medio de Marcos.
Arbitrou D. Jonathan Pardiñas Blanco. Arbitraxe seria. Como no anterior partido, xogo totalmente limpio por parte dos dous equipos. O árbitro sólo pudo ter un erro no penalti pitado ó noso favor porque o que fixeron sobre Carlos foi unha faltiña. Só que a pitou e, ó comprobar que foi dentro da área, non tivo mais remedio que pitar penalti.

Ningún comentario:

Publicar un comentario