FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de outubro de 2022

VETERANOS DE MALPICA 5 - VETERANOS DE SOANDRES 1 (COMENZA A LIGA 2022 - 2023)

Despois do tempo do sábado (na que caiu a do pulpo no campo de Pedra Queimada, que parecía mais unha lagoa), tanto o clima como o campo estaban en perfectas condicións para o partido.
Alineación Veteranos de Malpica: Nacho; Luis, Walter de Cabana, Alberto de Carballo, Chaves; Joshua, Alberto de Barizo, Mutio, Chicho; Richard e Palermo.
Estiveron disponibles tamén Alberto Choiva, Diego, Gurita, Nando e Paco.
Goles:
1-0 (Min. 11): Mutio.
2-0 (Min. 48) : Richard.
3-0 (Min. 50) : Palermo (de penalti).
3-1 (Min. 73) : Suso.
4-1 (Min. 87) : Mutio.
5-1 (Min. 90): Joshua.
Calquera que non vira o partido e vira o resultado pensaría que foi doado para nós. E nada mais lonxe da realidade. Na primeira mitade o Soandres, a favor de vento, apretou moito e fixo que as pasaramos canutas. Eles víronse perxudicados nun fora de xogo pitado, que non o era, ao número 28 (Ferrín) cando iba só cara a porta de Nacho. Mais pediron un penalti sobre o número 7 (Roberto Fero), parecido ó que pedimos nós sobre Palermo. En ningún destas dúas xogadas pareceu que o toque fora suficiente para que o árbitro pitara algo punible.
Chegou o descanso e reorganizouse o equipo. Non podía ser que rendésemos tan baixo, pese a ser o primeiro partido da temporada. O que parecía que iba a ser difícil, foi mais doado. Dous goles seguidos de Richard mais un penalti (xusto pero innecesario) de Pardos sobre Palermo, que transformou o noso dianteiro deron a tranquilidade para continuar un partido de alternativas nas xogadas de ataque nas que se fallaron goles moi claros por ambas partes. Conseguiron achegarse no marcador facendo o 3-1 pero aguantamos e ampliamos o marcador.
Arbitrou D. Carlos Señaris Balsas. Non amosou cartóns, a pesar de que sí houbo unha xogada que o mereceu claramente. Pero é un árbitro conciliador, perfecto para categorías inferiores e deixou xogar. Salvo o fora de xogo que non pitou ao Soandres, non influiu no resultado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario