FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 23 de outubro de 2022

VETERANOS DE OZA 2 - VETERANOS DE MALPICA 2 (XORNADA 2)

Como sucedera o domingo pasado, o mal tempo que fixo o sábado non se repetiu e voltamos a ter un tempo bastante decente para a práctica do fútbol, con un orballo mínimo.
Alineación Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Luis, Walter de Cabana, Alberto de Carballo, Chaves; Gurita, Joshua, Mutio, Nacho ; Richard e Palermo.
Estiveron disponibles tamén Chicho, Diego, Fernando, Leo, Paco e Sergio.
Goles :
1-0 (Min. 5) : Juan B. Balsa.
1-1 (Min. 29): Joshua.
1-2 (Min. 46): Palermo.
2-2 (Min. 76): Dani (Navallas).
Partido que pudo gañar calquera dos dous equipos. Con dúas partes donde pasou o mesmo (en ocasións) pero para cada un dos equipos.
Na primeira mitade marcou primeiro o Oza, grazas a un golpe directo marcado por Juan Balsa. E puderon aumentar a diferencia nunha xogada donde escapou só cara porta Santi. Suso saiu a tapar e conseguiuno en parte. Xa creíamos que era gol mais o balón deu no poste esquerdo da portería. Podería ter sido media sentencia mais non o foi e, cando marcou Joshua de un bo testarazo, chegou a igualada.
E na segunda parte, empezamos nós gañando nun balón rematado que chegou a Palermo, só diante de Añón, e conseguiu meter a cabeza e marcar o 1-2. Tamén nós pudemos facer o 1-3, nun centro en largo desde a dereita de Gurita que chegou a un solitario Richard e o seu remate en escorzo terminou estrelándose no pau esquerdo, cando todos cantábamos gol. Pero volviu a pasar o que lle pasara ao Oza na primeira mitade, non marcamos i eles empezaron a apretar sobre a nosa área, marcando o empate definitivo Dani (Navallas) a un cuarto de hora do final. Quince minutos que se nos fixeron moi longos, o Oza ten xente nova que xoga moi intensivamente. E o noso equipo chegou bastante limitado ao final.
Arbitrou D. Iván Guerra Domínguez. Moi serio, tivo problemas co banquillo do equipo local que, conforme vía ao final que o triunfo podía chegar, empezaron a presionalo para que botase primeiro a Suso nun balón apurado que despexou co rival enriba i éste caiu, e despois con Mutio, nunha xogada na que foi o primeiro que chegou a despexar o balón mais o seu rival caeu e o banquillo pediu desesperadamente a segunda amarela que significaba expulsión. Todo pouco gratificante para unha liga de veteranos, por moito que pareza comprensible. Mais o trencilla non fixo caso mais que para amonestalos a eles i expulsar ao entrenador/delegado, cousa que non lles gustou moito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario