FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 30 de abril de 2023

VETERANOS MALPICA 0 - VETERANOS CORCOESTO 2 (FASE DE ASCENSO - SEMIFINALES VOLTA)

Moito mellor tempo que o domingo pasado. Ceo cuberto pero con unha temperatura agradable.
Veteranos de Malpica : Suso; Nando, Alberto de Carballo, Walter, Choiva; Arcay, Diego, Pablo, Nacho; Gurita e Richard. Estaban disponibles para xogar tamén Alberto de Barizo, Chaves, Chicho, Fariña, Fernando, Leo, Paco e Sergio.
Goles:
0-1 (Min. 66) : Jesús Ramos.
0-2 (Min. 90+2) : Oscar Pallas.
...................................................................................................................................................................................................................
Eliminatoria bonita gañada polo Corcoesto por 5-2 e, como no partido de ida, dous equipos na volta que non se resignaban a perder. Xogo intenso. Nós gañamos ós rivais en número de efectivos. Eles, en ser mais novos, aparte de estar en boa forma física.
Na primeira parte levamos mais nós o peso do partido. Tivemos unha moi boa ocasión nas botas de Diego que lanzou un moi bo tiro cara a escadra esquerda pero Adonis estivo moi ben e desviou o balón.
Pero eles non estaban completos nesa primeira parte porque lles faltaba Jesús Ramos. Entrou na segunda mitade e volveron a amosarse moi perigrosos. Ainda así, a primeira e mellor ocasión desta segunda mitade foi nosa. No min. 60, un balón solto incontrolado pola defensa do Corcoesto quedoulle inmellorable para Fariña, que encarou a Adonis sin oposición, e botoulle o balón á sua esquerda. O porteiro desviou co talón, facendo recordar a parada de Casillas a Robben no mundial que gañou España. O balón saiu pegado o poste dereito da portería cando todos esperábamos o gol. Ahí pudo estar a nosa eliminatoria. Máxime porque uns minutos despois, eles xa tiveron un remate a boca de xerro donde Suso fixo a parada do partido, mandando o balón a córner. De ese córner desde a dereita veu o gol. O balón prolongado chegou a Jesús Ramos, só preto do vértica da área grande. Sin oposición, cruzou o balón ó segundo pau, sin que Suso esta vez pudese facer nada. E o Corcoesto, ca eliminatoria solucionada, deixouse dominar ca defensa moi ben organizada. Os intentos nosos foron innumerables con Arcay, Nacho, Gurita e Richard tentandoo todo para marcar. Non foi posible i eles, nunha contra, ampliaron o marcador no último segundo do partido. Gañou na eliminatoria o mais efectivo e o mais consistente no xogo.
........................................................................................................................................................
Outro arbitraxe de altura para a volta da eliminatoria. Arbitrou D. Pablo Rama Cotelo. Non foi a primeira vez que nos arbitrou. E sempre con unha nota alta. Deixou xogar i estivo ben colocado. Só amosou un cartón amarelo ó Corcoesto. Ningúen se queixou da súa arbitraxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario