FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 14 de maio de 2023

VETERANOS MALPICA 0 - VETERANOS S. RAMÓN 4 (INICIO E FINAL NA COPA)

Como a semana pasada, ceo bastante cuberto e temperatura agradable.
Veteranos de Malpica : Suso; Choiva, Alberto de Carballo, Diego, Nando; Walter, Pablo, Mutio, Arcay; Gurita e Richard. Xogarían tamén despois Chicho, Leo, Luis, Marco, Paco e Víctor.
Goles:
0-1 (Min. 11): Fernando.
0-2 (Min. 60): Fernando.
0-3 (Min. 65) : Fernando.
0-4 (Min. 73): Santiago.
Partido propio da competición de copa, donde gañou o mellor preparado. As categorías no fútbol están para algo. Iso non quita que, para ir perdendo nós ó descanso, se producira un erro impropio da categoría do partido. O balón chegou no min. 10 as mans de Suso que aprestouse a sacar cara o lateral. A picaresca no fútbol existe i un rival meteu a man para estorbar e tocar a man de Suso. O que tería que ser falta e cartón amarelo non o foi. O balón solto chegou a Choiva, sin marxe de maniobra por ter dous rivais enriba. Un deles, Fernando, recolleu o balón, driblou a Suso e marcou. Bruno Méndez, a poucos metros da xogada, marcou o centro, decindo que non había visto a falta. E nós, todos rebotados, porque se había visto claramente. Aparte de esta xogada polémica, non houbo mais que unha ocasión para nós donde Richard tirou desviado cando estaba en moi boa posición.
Na segunda mitade tivemos os primeiros quince minutos donde pudemos empatar. Tivemos ata tres ocasións de gol (unha de Chicho que escapou só e, cando podía tirar, quixo controlar e o balón marchoulle dos pés cara a liña de fondo, mais dúas de Richard bastante claras). Mais non marcamos, e no min. 65 Fernando fixo o 0-2 que deixou achanzado o camiño cara a goleada que se produxo mais tarde. O San Ramón, con Juan Maceiras e Oscar no timón, controlou perfectamente o tempo de xogo e redondeou o 0-4 final.

Ningún comentario:

Publicar un comentario