FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 8 de outubro de 2023

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE MAZARICOS 2 (XORNADA 1)

Temperaturas moi exaxeradas para a época do ano en que estamos, un auténtico calvario para os equipos que ainda están en rodaxe.
Veteranos de Malpica: Chaves; Nando, Diego, Alberto de Carballo, Alberto Choiva; Arcay, Alberto de Barizo, Mutio, Luis; Chols e Lema. Xogaron tamén Álex de Carballo e Sergio.
Goles:
1-0 (min. 26): Lema.
2-0 (min. 70): Álex de Carballo.
2-1 (min.72):Aldo.
2-2 (min.82): Antelo.
Partido xogado a un ritmo alto para estos inicios da temporada. Ocasións para os dous equipos. Pero nós acertamos e adiantamonos con dous goles, faltando vinte minutos para o final do partido. Era un marcador bastante exaxerado para o que se vía no xogo. Pero o Mazaricos non se veu abaixo e conseguiu empatar o partido.
Arbitraxe de D. Pablo Rama Cotelo, o árbitro federado que mais veces nos arbitrou ata agora. Bastante serio e riguroso, ainda que tivo algún erro moi evidente na apreciación dos fora de xogo. Faltando oito minutos para o final do partido, tras o empate definitivo, deu unha pausa ós equipos polas altas temperaturas. Non puxo cartóns, mais que nada porque o xogo foi bastante limpo por parte de ambos equipos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario