FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 22 de outubro de 2023

VETERANOS MALPICA 2 - VETERANOS SOANDRES 1 (XORNADA 3)

Tempo mais que decente para a práctica do fútbol. As chuvias semanais deron un descanso e pudemos disfrutar de unha mañá estable.
Veteranos de Malpica: Chaves; Luis, Diego, Alberto de Carballo, Alberto Choiva; Arcay, Chols, Mutio, Álex; Lema e Richard. Despois xogarían tamén Alberto de Barizo, Leo, Pedro e Sergio.
Goles:
1-0 (Min. 7): Arcay.
2-0 (Min. 16): Lema.
2-1 (Min. 73): Abel.
Entramos moi ben no partido, grazas a axilidade de Arcay, que primeiro aproveitou un despiste do porteiro visitante e despois centro tres balóns desde a dereita que ben puderon ser gol nos remates de Lema, mais sólo conseguiu meter un deles. Os de Soandres sólo conseguiron facerse co dominio do xogo no último cuarto de hora de este primeiro tempo.
E conseguiron seguir co control do xogo outro cuarto de hora mais. Nós tivemos outras tres ocasións para ampliar ainda mais o marcador (unha de Arcay, outra de Richard que terminou dando no poste e un gol mal anulado por fora de xogo). Perdoamos e quen marcou foi o Soandres mais creou a incertidume no resultado porque, aparte de lesionarse un par de homes nosos, perdemos a confianza no noso xogo e acabamos achicando balóns e pedindo a hora, máxime porque eles tiveron un par de asistencias que se pasearon por diante da nosa porta sin encontrar rematador.
Arbitrou D. Oscar Rey Rodríguez, ex-xogador de renombre (Torrila) en épocas pasadas do noso fútbol. Un home bastante tranquilo. Tivo un roce con persoal do Soandres, que non chegou a maiores. No gol anulado por fora de xogo non estivo ben porque a posición legal era bastante clara, mais cómo él decía : eu tamén podo fallar a veces. E non resultou decisivo no marcador.

Ningún comentario:

Publicar un comentario