FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 29 de outubro de 2023

VETERANOS DE SOFÁN 0 - VETERANOS DE MALPICA 1 (XORNADA 4)

Tempo bastante mais que decente no Carral. Sin auga e sin vento, temperatura suave.
Veteranos de Malpica: Suso ; Nando, Diego, Alberto de Carballo, Leo; Álex, Mutio, Chols, Alberto de Barizo; Richard e Lema. Despois xogarían tamén Arcay, Chaves, Luis, Pedro e Sergio.
Goles:
0-1 (Min. 32): Richard (de penalti cometido sobre él). Partido intenso dos dous equipos, axudado sempre polas curtas dimensións do campo de xogo. Non tivemos excesivos problemas, sólo había que controlar moito ó seu principal baluarte ofensivo (Luis Marrozos). E na primeira parte a Roberto Souto, que subía bastante ó medio e ter cuidado cos seus servizos cara os dianteiros. Bo control defensivo do Malpica, con unha dupla de centrais (Alberto de Carballo e Diego) que comenzan a carburar excelentemente. E si un balón pasaba de donde estaban eles, ahi estaba Suso para desfacer o perigro. Unha posición novedosa e que saiu bastante ben foi a de Leo no lateral esquerdo. Diante, moita xente disposta a colaborar. No min. 32 Arcay asiste a Richard e prantouse sólo diante do porteiro. Non pudo marcar pero Rubén non tivo mais remedio que cometer penalti. O 0-1 deixaba o partido encarrilado.
Na segunda mitade, todo o mundo a correr para que o Sofán non tivese opción. Tamén contribuiu a iso que Souto tivese que ocuparse do eixo da defensa. Eles pasaron a atacar moi lonxe da nosa portería, deixando ó noso porteiro Suso como mero espectador.
..................................................................................
Arbitrou D. Angel Acuña Piñeiro. Moi serio e controlador. Non admite queixas á súa laboura. Pero non tivo luar a mostrar cartóns ós xogadores. O xogo foi intenso, pero bastante limpo.
........................................................................................
Capítulo aparte, hai que resaltar o excelente trato dispensado a este equipo na cantina do Sofán. Dan gañas de poñer cantina e devolver o trato ós equipos visitantes. De verdade, isto axuda e moito a potenciar o fútbol de veteranos. Un aplauso grande ó equipo e a xente do Sofán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario