FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

mércores, 1 de novembro de 2023

VETERANOS DE NANTÓN 0 - VETERANOS DE MALPICA 2 (PARTIDO APRAZADO XORNADA 2)

Visto o que despois caeu pola tarde/noite, o tempo nas Fontiñas foi bastante mais que aceptable. Co cal non houbo moito motivo de queixa.
Choiva; Nando, Diego, Alberto de Carballo, Leo; Álex, Mutio, Chols, Sergio; Lema e Richard. Despois xogarían tamén Carlos, Luis e Pedro.O partido contra o Nantón foi atípico. Gustaríanos moito (e a eles tamén, seguro) xogar este partido con todolos efectivos disponibles. A nós faltounos Suso na portería, Chaves, Marco, Alberto de Barizo e Arcay. No equipo rival faltaba moita xente. Din que son 21 efectivos e sólo apareceron 10. Que nos désemos perfecta conta, faltaban Paco e, sobretodo, Luis Giance. Sin éste último, o Nantón diante perde bastante na zona de ataque. Iso que tivo dúas ocasións antes de que nós marcásemos (unha delas en flagrante fora de xogo) que, si entraran, cambiaría o partido.
A falta de Suso e de Chaves, tivemos que poñer na portería a Choiva e, a partir dos primeiros minutos, despois chegaría Carlos (mancado nun brazo) como bálsamo para que non notáramos moito ese tema. Pero voltaron a funcionar moi ben Alberto de Carballo e Diego para que non sufrísemos mais. No medio do campo, carburaron e moito (aparte de Mutio) Álex e un todoterreo Chols que nos deu un plus en todo momento. E diante, Richard e Lema, puxéronos por diante no marcador ata que sufriron no seu físico a dureza do campo e retiraron para non romper.
Na segunda mitade, os nosos fixeron un partido coral, donde todos correron. E Nando cazou un rebote na área cabanesa para non sufrir mais. O Nantón tentou a remontada. Pero mancoulle outro xogador e xa era moito.
........................................................................................................
Arbitrou D. Alberto Baña Tajes. Sin problemas, non tivo complicacións. Tiñamos mais problemas os equipos que foi a súa arbitraxe. Tentou facer todo ben. Errou algunha vez pero non se complicou. Visto o problema de efectivos, non quixo extender mais o partido.
.......................................................................................................
E por segunda saida consecutiva, ainda que non houbese taberna, o Nantón ten a tasca A Pedra prácticamente ó lado, que fai de taberna. E o trato do local foi impecable. Alí acabamos os dous equipos pasandoo fenomenalmente ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario