FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 5 de novembro de 2023

VETERANOS MALPICA 0 - ATLÉTICO CARBALLO 1 (XORNADA 5)

Auga a mazo en Pedra Queimada. Dentro do que cabe, tivemos bastante sorte en que a maior lurda de auga caese cando os dous equipos estaban metidos no vestiario en tempo de descanso. Pero viuse bastante bó espectáculo, pese ó estado do céspede.
Non podemos quedar insatisfeitos do partido xogado ante o líder. Si houbese que nomear un MVP non habería dúbidas en cales foron os mellores por equipo. No noso, Suso sería o xigante que, aparte do rendemento defensivo colectivo de todo o equipo, erixiuse nun muro que fixo da nosa portería un fortín. Tivo que ser un gol que debería ser anulado por partida doble o que o fixese doblegarse. Nos veteranos do Atlético Carballo, Álex Figueiras domiñou o seu ataque, sempre sabendo cando tiña que pasar o balón ou asumir a definición do mesmo (e ben secundado por compañeiros ben coñecidos do fútbol costeiro).
Na primeira mitade, nós quedamos pronto sin Richard por mor de unha pequena rotura que o mandou a bancada. Iso fixo que Lema e Chols tivesen que desdobrarse moitas veces para que a defensa deles non se nos botara enriba. Tiveron eles unha doble ocasión para desnivelar o marcador e finalmente o balón chegou a Álex Figueiras, que estaba sólo na liña da área grande. O seu tiro, que parecía iba ser gol, produxo a parada do partido por parte de Suso, que desviou a córner.
..........................................................................................
Todo iso, con un campo que non tiña moita auga. Nada facía presaxiar a tremenda tromba de auga que empezou nada mais entrar os equipos no vestiario. É mais, os xogadores estaban pedindo a Vitor Recarei que abreviase o tempo. Xa nada iba a ser igual. Incluso se pensou en aprazar o que quedaba de partido. Pero como o anaco de campo que estaba en mellores condicións estaba donde tocáballes atacar a eles, non se notou mais que, si botaban o balón en largo, quedaba freado antes de sair pola liña de fondo e dáballes un plus ó seu ataque. Mais o campo desauga perfectamente e acabou en boas condicións.
Tiveron outra boísima ocasión nunha xogada individual de Álex Figueiras, que fixo un slalom sorteando a canto defensa saia ó seu paso e, cando chegou a xunto de Suso, botoulla por un lado saindo o balón rozando o pau dereito da portería. Perdoaron e casi o pagan. Porque unha falta pitada en tres cuartos de campo ó noso favor foi tirada por Mutio e a sorte para o porteiro (que non era Julian, ventaxa ó seu favor que perden) casi a traga, saindo o balón a rentes do pau esquerdo. E no 70 chegou a xogada conflictiva que lles deu a victoria: despexe da nosa defensa, o dianteiro axudouse do brazo para controlar e o seu tiro foi detido por unha boa estirada de Suso. Julián, que no momento do tiro, estaba en posición creemos que de fora de xogo (casi ó lado de Suso), recolleu o rexeite e marcou.
.............................................................................................
Arbitrou D. Vitor Recarei. Tentou facelo con seriedade e dialogante cos xogadores. Para nós errou claramente no gol (dixo que non viu a man nin o posible fora de xogo). Como foi o único que subiu ó marcador, parecenos que foi determinante no resultado, por moito que o equipo de Carballo fixese méritos para que se decantase ó seu favor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario