FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 12 de novembro de 2023

VETERANOS DE BUÑO 1 - VETERANOS DE MALPICA 3 (XORNADA 6)

Qué boa sorte tivemos co tempo nesta mañán soleada en Xaviña. Así da gusto xogar ao fútbol.
Veteranos de Malpica: Suso; Alberto Choiva, Leo, Diego, Nando; Luis Naya, Chols, Mutio, Carlos; Álex e Lema. Xogarían tamén despois Alberto de Carballo, Chaves, Marco e Sergio.
Goles:
0-1 (Min. 36): Johnny, en propia meta a tiro de Sergio.
0-2 (Min. 45+1): Lema.
1-2 (Min. 88): David.
1-3 (Min. 90+1): Alberto Choiva.
Dúas partes ben diferenciadas pero co mismo factor común. Na primeira mitade, o Buño pudo adiantarse no marcador nun tiro lonxano que bateu no longueiro, e ó caer iría para dentro si non fose porque Suso salvou (axudado polo pau esquerdo) para que o balón non entrase. Non marcaron eles e fumos nós, nun balón mal despexado por Juan no borde da área grande, o esférico chegou a Sergio que tirou a porta que abandoara Juan. E Johnny, perseguindo o balón, tivo a mala fortuna de que a pelota petase involuntariamente no seu corpo i fose o 0-1.
A pesares dos esforzos de Álex e Chols para parar no mediocampo o xogo deles, Vitor Vilar metíase entre liñas distribuindo o xogo de ataque e pasamolas canutas para frealo. Puderon empatar nun cabezazo ó longueiro que Suso creía que iba fora. Pero fumos nós de novo quen marcamos, grazas ó mais listo da clase (Lema) que rematou un córner de cabeza buscando o balón entre unha maraña de xogadores ben mais altos que él.
...............................................................................................
Na segunda mitade foi ó reves o xogo. O oco que había entre o mediocampo noso e os centrais pasou a ocupalo Marco. Desapareceu o dominio oleiro. E nós tivemos ocasións para meter tres goles mais en escapadas de Chols (salvando os foras de xogo), desbaratadas por Juan cando o balón chegaba ós seus dominios. Non marcamos i os oleiros empezaron a presionar nos últimos dez minutos de partido. Meteron gol no min. 88 e o partido parecía abocado a unha presión interminable. Pero tres minutos despois unha falta ó borde da área grande foi lanzada por Alberto Choiva, petou nun xogador deles i entrou. Ainda eles puderon facer o 2-3 nun remate a boca de xerro de Vitor M. Lorenzo (fillo do noso ex-xogador Pepe de Carballo) que fallou cando todos cantábamos gol.
.......................................................................
Arbitrou D. Manuel Espasandín Romar, tamén encargado arbitral na Costa da Morte, que o fixo ben no tempo reglamentario. Arbitraxe seria e sempre ben colocado para percibir as xogadas. Decimos ben o do tempo reglamentario, porque no tempo añadido de partido pitou falta nunha escapada cara porta de Chols que, cando chegou diante de Juan, caeu sin que o porteiro o chegase a tocar. Como dicta o reglamento, ó pitar falta e ser Juan o último home, foi expulsado. E o que iba a ser un final de partido plácido para o colexiado e os dous equipos terminou nun mal trago para porteiro e trencilla, que discutían o que había sido a xogada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario