FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 19 de novembro de 2023

VETERANOS DE LEILOIO 2 - VETERANOS DE MALPICA 1 (XORNADA 7)

Orballo persistente antes de comenzar o partido acompañado de algunhas brétemas. O campo da Feira Nova estaba en bastantes boas condicións para as súas condicións.
Veteranos de Malpica: Suso; Choiva, Diego, Alberto de Carballo, Chaves; Luis, Chols, Mutio, Arcay; Sergio e Lema. Entrarían despois Leo e, xa na segunda parte, Pedro. Reservaríase Álex, que arrastraba unha pequena lesión do domingo pasado.
Goles:Partido moi disputado nun campo moi a medida dos nosos rivais. Nós estamos casi baixo mínimos e notamos o reducido número de efectivos. Marcaron cedo nun bo remate de cabeza de Luis que aproveitou as dúbidas de Suso, que quedou a media saida. Pudemos empatar no min. 32 nun balón servido a esquerda do noso ataque cara a posición de Arcay, que lanzou ca zurda un latigazo que iba a gol e Cañarte fixo un despexe impresionante cara o corner.
O que pasou nos primeiros cinco minutos da segunda parte sólo podemos contalo polo que nos dixeron. Houbo que ir a buscar unhas botas para Arcay porque racharon e non pudemos velo. Marcamos no min. 48 nun bo tiro de Chols que Cañarte non pudo ataxar. E pudemos adiantarnos ao minuto siguinte nun balón servido desde a esquerda que pasou entre Lema e Cañarte, chegou a Sergio que estaba só e tirou a porta, mais Cañarte conseguiu chegar e despexar o balón. Perdoamos e no minuto siguinte marcou de tiro Milito, nun balón que botou antes de que Suso pudese chegar a despexar.
Era o min. 50 e de ahí ao final presionamos e dominamos pero sin conseguir enlazar xogadas perigrosas de gol.
..................................................................................
Arbitrou D. David Castreje Ferrio. Como persoa, un dez. Como árbitro, fixo unha labor correcta. Non tivo incidencia no resultado, tampouco xogadas polémicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario