FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 26 de novembro de 2023

VETERANOS MALPICA 2 - VETERANOS SP. BÉRTOA 1 (XORNADA 8)

Tempo estable en Pedra Queimada, sin vento e con unha temperatura de nove graos ó comenzo do partido.
Veteranos de Malpica: Carlos; Luis, Alberto Choiva, Diego, Chaves; Sergio, Mutio, Álex, Arcay; Lema e Richard. Como único cambio tivemos a Pedro.
Goles:
1-0 (Min. 16): Lema.
1-1 (Min. 64): Loureiro.
2-1 (Min. 85) : Richard, de penalti.
Partido donde gañamos de casualidade e non merecemos tan bó resultado. Ata sete baixas tivemos, xente moi habitual nas nosas alineacións, o cal supuxo na realidade que só dispuxeramos de un cambio. Mentras, os rivais tiñan cinco dispoñibles no banquillo. Iso notouse sobretodo na segunda mitade, donde algúns xogadores presentes, saidos de unha lesión, comenzaron a resentirse.
A primeira mitade foi a mais reñida. Saimos ben e conseguimos adiantarnos nunha xogada que comenza a verse repetidamente nos nosos partidos: sacou de córner Arcay desde a esquerda cara donde estaba Lema que, vendo que o balón iba moi baixo para meter a cabeza, marcou co muslo. Xogada de dianteiro pillo. Eles tiveron unha moi boa no min. 32, que desbaratou Carlos cando xa cantaban o gol.
A segunda mitade foi do Sp. Bértoa. Loureiro acentuou o mando, colocou de seguido ós seus compañeiros e casi que non saíamos do noso campo. Tiveron tres ocasións seguidas nos primeiros vinte minutos para meter gol. Nas dúas primeiras, Carlos salvou o gol. Na terceira, o balón foi a Loureiro que, desde lonxe, sacou un tiro impecable que foi a dar no longueiro e posteriomente rebotou na espalda de Carlos i entrou.
Estábamos pasandoas "canutas" e achicando balóns de seguido. Pero non acertaron eles i cometeron un erro. No min. 85, ca defensa totalmente adiantada deles (colocada na liña divisoria), un balón en longo é perseguido por Lema, saindo desde o noso campo. Logra chegar diante de Michael e o defensa central quixo despexar dando no pé do noso xogador. Pese as protestas do equipo rival, podemos decir que estábamos moi preto da xogada, detrás da portería rival, e vimos perfectamente a xogada. E o trencilla tamén. Pitou penalti, que lanzou Richard moi ben para establecer o resultado definitivo. Eles sairon a por todas para revertir o marcador e o final do partido fixosenos moi longo. Acabou o partido e algún xogador do Sp. Bértoa non se comportou como de era debido (caso aislado, tamén o decimos). Ós puntos mereceron ter mellor sorte eles. Pero o fútbol non é un deporte xusto, a nós pasáranos iso o domingo anterior.
.......................................................................................................................................
Arbitrou D. Manuel Castro Mouzo. Extremadamente puntual, fixo ben os deberes e comenzou o partido dous minutos antes do tempo estipulado. Pese a polémica (si facemos caso ós nosos rivais determinou o resultado por pitar penalti), creemos que fixo unha arbitraxe mais que decente. Eso sí, non se lle notaban moitas gañas de pitar partido de veteranos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario