FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 3 de decembro de 2023

VETERANOS DE FISTERRA 1 - VETERANOS DE MALPICA 0 (XORNADA 9)

Non estamos a ter tan mala sorte co tempo. Porque amenazou con chover pero non chegou a suceder. Un pouco de vento sí que houbo. Si non tivesemos amparo do monte do lado, outro galo cantaría.
Veteranos de Malpica: Suso; Chaves, Alberto de Carballo, Alberto Choiva, Luis; Arcay, Mutio, Chols, Sergio; Lema e Richard. Xogarían tamén despois Álex e Leo. Seguimos sendo poucos efectivos e, por enriba, lesionousenos Chols.
Goles:
1-0 (Min. 6): Alejandro Canosa.
.........................................................................................................
Entramos demasiado fríos ó partido i eles non perdoaron. Tiveron dúas ocasións moi claras, a segunda despexoulla Suso a Alejandro Canosa cando o dianteiro enfilaba portería sólo. Pero no min. 6, un balón en largo non foi despexado por Suso cando non tiña impedimentos, deixou que o balón se achegara á área grande para coller o balón ca man e Alejandro botou unha carreira para quitarlle o balón e meter gol. E no min. 30, unha falta botada por eles foi dar directamente no longueiro. Nesta primeira mitade, entre tanta pelexa de mediocampo, tivemos nós dúas boas ocasións de Lema. Na primeira pudo haber metido gol por enriba do porteiro Luis Abelleira. Mais optou por disparar a porta e o porteiro pechou ben a traxectoria do balón. Na segunda das ocasións o balón saiu desviado.
..........................................................................................................
Na segunda mitade, mais do mesmo. Confirmouse a lesión de Chols, que tentou voltar ó campo. Os fisterráns pelexaron ben. Nembargantes, tivemos outras tres boas ocasións para empatar. As dúas primeiras de Sergio que, sólo na parte esquerda preto da área pequena, disparou desviado o balón (a primeira saiu pegado ao poste esquerdo e a segunda por enriba do longueiro). E despois Richard tamén tivo a súa, chegando en posición franca diante de Luis. Pero, en lugar de tirar, quixo pisar o balón e perdeuno. Mais en liñas xerais non fixemos un bó partido.
.........................................................................................................
Arbitrou D. Alberto Baña Tajes. Nada que obxetar. Trabucouse pitando fora de xogo nunha xogada de perigro nosa, cando Richard estaba para adentrarse na área. E recoñeceu posteriormente que había fallado. Pero non influiu no resultado, perdemos por méritos propios (e méritos do rival).

Ningún comentario:

Publicar un comentario