FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 17 de decembro de 2023

VETERANOS MALPICA 2 - VETERANOS DP. CARBALLO 2 (XORNADA 10)

Tempo bastante frío en Pedra Queimada. Empezamos en 1 grao e terminamos preto de 10.
Veteranos de Malpica: Carlos; Nando, Diego, Alberto de Carballo, Alberto Choiva; Arcay, Mutio, Leo, Álex; Lema e Richard. Despois xogarían tamén Chaves, Luis, Sergio e Pedro.
Goles:
1-0 (Min. 8): Richard
1-1 (Min. 16): Jacinto Souto.
2-1 (Min. 65): Richard.
2-2 (Min. 89): Santiago Quintáns.
A veces pensamos que hai superioridade sobre o rival e non poñemos a intensidade que deberíamos de poñer. É a única explicación posible. Porque o rival chegaba con un sólo empate acadado en nove partidos, dito sexa con todos os respetos. E meternos dous goles sin xogar con dianteiro centro é moito mais do esperado. Que pudemos golear ? Sí que pudemos, mais o resultado final foi ese empate a dous que nos deixou ca sensación de haber perdido dous puntos.
Empezamos ben. Marcamos pronto, con unha xogada individual de Richard que bateu a Cristian Millet pola súa dereita. Pouco despois un centro chut desde a dereita do noso campo e Carlos, calculando mal a altura da pelota, vese sobrepasado. Faltaba casi media hora e tivemos dúas oportunidades para volver a adiantarnos. Na primeira, Lema consigue levar un balón pola esquerda do ataque, acompañado de Álex e Arcay. Os tres contra un defensa e o porteiro. O noso mediapunta, en lugar de pasar o balón ós compañeiros mellor situados, optou por tirar e o balón saiu desviado. E pouco despois, outra mais clara: Arcay, desde a dereita, asiste a Lema que, sobre da marcha, lanza un zambombazo que peta contra o pau esquerdo da portería cando todos cantábamos o gol.
Na segunda parte o Dp. Carballo puxo mais homes no mediocampo e conseguiu levar a batuta do xogo durante un cuarto de hora. Despois volviu a pasar o da primeira parte. Outras ocasións estragadas pola nosa parte e tamén outro balón ó pau esquerdo lanzado tamén por Lema, igual ou incluso mais claro que o da primeira parte. No min. 65, un balón levado por Lema desde a esquerda, combinou con Richard i éste marcou.
Xa creíamos que tiñamos todo controlado porque adeantouse a posición de Diego ó mediocampo, i eles xogaban moi lonxe da nosa portería. Mais no min. 88, un balón que despexou floxo Alberto Choiva sobrepasa a Leo e deixou en franca posición a Santiago Quintáns, que lanzou un tiro inapelable no cal non pudo facer moito Carlos por tentar detelo. De ahí ó final, moita presa por chegar á portería rival. Mais sin resultado.
..........................................................................................
Arbitrou D. Adrián Pérez Rellán. Ben en lineas xerais, ainda que arbitrou desde o centro do campo. Nos fora de xogo pitados facíalle caso o que berraban os defensas, él non podía saber si eran ou non eran. Non puxo tarxetas, mais tamén foi un partido que non as mereceu.
...........................................................
E despois do partido fixemos a xuntanza para brindar polo Nadal no restaurante Alabrasa, de Cerqueda, donde a maioría do equipo pudo pasalo moi ben. Aparte da atención recibida pola parte do persoal do restaurante, hai que dar as grazas un ano mais ó noso xogador Alberto Choiva, que suministrou varios dos seus mellores caldos (todo un crack).

Ningún comentario:

Publicar un comentario