FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 14 de xaneiro de 2024

VETERANOS DE CANCES 0 - VETERANOS DE MALPICA 0 (XORNADA 11)

Esperábamos auga a mazo no Vinculeiro e foi todo o contrario, ata houbo momentos en que apareceu o sol.
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Diego, Alberto de Carballo, Alberto Choiva; Luis, Mutio, Leo, Álex; Chols e Lema. Despois xogarían tamén Chaves, Marco, Pedro e Sergio.
...........................................................................................................................................
Partido moi disputado donde os dous equipos se cuidaron moito de gardar a súa portería. Tres ocasións boas por equipo e un resultado que semella xusto para o que se viu.
........................................................................................................................................
A primeira ocasión importante do partido tivémola nós : Lema recibe un pase entre liñas i escapa só cara porta, mais Juan Alvite pechou ben para que o balón non pasara. Eles tiveron dúas nesta primeira parte : un testarazo a saida de un córner que sacou baixo paus Nando e unha falta directa, lanzada por enriba da barreira, que fixo lucirse a Suso, que despexou a córner. E nós tivemos outra mais de Lema, que tirou desviado.
.........................................................................................................................................
Na segunda mitade, mais do mesmo. Eles tiveron a súa mellor oportunidade nun balón que pelexaron ata tres dianteiros, con Suso pechando o camiño a gol. Mais o balón non pudo despexalo e chegou a Torres que, pensando que Suso xa non chegaba para atallar, tirou sin forza a gol para asegurar. Non contaba ca presencia de Alberto de Carballo, que pudo despexar tranquilamente. E a única ocasión boa nosa foi tamén de Lema, que recibiu un balón procedente de un centro desde a dereita, estando en posición franca. Mais escurriu e o seu tiro saliu alto.
...........................................................................................................................................
Arbitrou D. Iván Guerra Domínguez. Bastante serio. Non quixo poñer de principio tarxetas por protestar. I eso que Alvaro e Miguel Torrres o facían de seguido, pedindo cousas (a veces, sin sentido).Pero acabou fartándose e puxo catro amarelas ós de Cances, xa no segundo tempo. A nós puxónos dúas merecidas (a Chaves, por unha entrada na que se pasou de frenada, e a Alberto de Carballo).

Ningún comentario:

Publicar un comentario