FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 21 de xaneiro de 2024

VETERANOS DE MAZARICOS 0 - VETERANOS DE MALPICA 2 (XORNADA 12)

Un leve orballo na Picota, que daba a entender que non iba a facer tanto frío como outras veces. Esta temporada estamos a ter sorte co tempo.
Suso; Alberto Choiva, Alberto de Carballo, Marco, Nando; Álex, Mutio, Leo, Chols; Lema e Richard. Tamén xogarían despois Arcay, Chaves, Luis, Pedro e Sergio.
Goles:
Partido disputadísimo contra un rival que nunca deu o partido por perdido. Sufrimos iso no partido de ida, donde remontaron o 2-0 inicial. Outra das cousas que recordaremos de este partido é que non foi o día de Chols. Tres oportunidades de ouro para meter o gol e non houbo maneira.
................................................................................................................................
O rival saliu con bastante intensidade. Primeiro ataque serio do Mazaricos, pican o balón sobre Suso e o noso porteiro conseguiu tocar cos dedos e desbaratar a xogada. Pouco despois, o seu xogador mais incisivo (o número 11, Aldo) conseguiu zafarse dos centrais, prantóuse só diante de Suso, que, emulando a Casillas no mundial de Sudáfrica, tocou milagrosamente co pé, desviando o balón cando xa se cantaba o gol. A única oportunidade nosa foi a primeira de Chols: chegou só diante de París, mais o meta conseguiu repeler o balón.
A segunda parte foi mais nosa. Os centrais fixeron un partido completísimo, axudados pola labor de todo o equipo. No min. 58, Arcay centra un balón desde a dereita, Lema (no punto de penalti) cabecea a un lado e Luis, que entrou ó remate, cabeceou directo a gol. Non houbo moito tempo a celebralo, porque houbo que poñerse o mono de traballo. Un cuarto de hora despois, chegou a segunda oportunidade de Chols: chegou diante de París, driblouno, escorouse e tirou a gol. Levantouse todo o banquillo cantando o gol, mais o balón deu no lateral da rede.
O gol que nos deu a tranquilidade chegou da forma mais inesperada. Mandaron o balón en longo cara Richard. E o esférico chegou a posición do central Eloy Rodríguez, que, sin mirar, cedeu cara París. Mais o meta había saido ó borde da área. E o balón pasou ó seu lado sin que pudese facer nada por paralo. Nese momento xa pudemos relaxarnos, porque faltaba pouco para acabar. E no minuto final, a terceira das ocasións de Chols, donde pasou o mesmo que nas dúas anteriores.
....................................................................................................................................
Arbitrou D. Oscar Santos Rodríguez. Arbitraxe tranquilo, que pasou totalmente desapercibido. Axudou moito a actitude dos dous equipos, xogo limpio (soamente un par de entradas). Ojalá teñamos mais partidos así ata acabar a temporada, tanto dentro como fora do campo (con parada no Alborada, trato impecable).

Ningún comentario:

Publicar un comentario