FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 4 de febreiro de 2024

VETERANOS DE SOANDRES 3 - VETERANOS DE MALPICA 3 (XORNADA 14)

Presumíamos mais frío no partido de hoxe. Pero a temperatura non foi tan mala.
Veteranos de Malpica : Suso; Leo, Alberto de Carballo, Marco, Nando; Álex, Diego, Mutio, Arcay; Lema e Richard. Tamén xogarían Carlos, Chaves, Chols, Luis, Pedro e Sergio.
Goles:
1-0 (min. 15) : Richard. 1-1 (min.18) : Moar. 2-1 (min. 39): Victoriano Barros
2-2 (min. 72): Lema. 2-3 (min. 81): Marco. 3-3 (min. 90): Costoya.
Xogamos un mal partido, sobretodo na primeira parte. Non conseguimos coordinar varios pases seguidos. E os nosos rivais estaban mellor situados que nós, pechando camiños cara a súa área. Nembargantes, marcamos primeiro cando Álex conseguiu escapar pola dereita e mandou un balón cara o medio que se lle escapou ó porteiro e Richard machacou a gol. Pero non conseguimos chegar en ventaxa ó descanso, xa que o Soandres meteu dous goles en parecidas circunstancias: escapadas dos dianteiros cara porta que Suso non pudo atallar.
Na segunda parte estivemos algo mellor. Pero non conseguíamos controlar ó Soandres. Seguían escapando os seus dianteiros, desfacendo a posición de fora de xogo e creando ocasións moi claras, con un tiro ó pau incluido. Mais conseguimos meter dous goles i estar en ventaxa faltando dez minutos para o final. Ainda así o Soandres non se deu por vencido e conseguiu meter gol sobre a bocina, nunha xogada de ataque donde tocaron balón ata catro xogadores sin que ningún dos nosos defensas conseguira despexar o balón. Tamén hai que decir que desde o min. 84 xogamos con un xogador menos por expulsión moi rigurosa de Arcay.
......................................................................................................
Arbitrou D. Juan Núñez Fiuza. Ainda que fixo unha arbitraxe seria, nós non estamos de acordo en absoluto ca expulsión de Arcay. O noso xogador reclamou unha man de un contrario e levou por elo unha amarela. Cando a amosou, Arcay levantou o brazo como decindo "Anda xa !!! " (mentras marchaba de alí) e o colexiado amosou a segunda. Primeira expulsión de Jose Arcay en toda a súa vida.
.................................................................................................
Outro detalle que non nos gustou nada. Nun campo tan organizado como a Porta Santa, tivemos que esperar os dous equipos dez minutos a que nos deixaran pasar. E iso grazas a que o encargado do material recibiu a "orde" de abrir a porta. Mais nos asignaron o vestiario 1 e faltaba a chave (parece ser que foi extraviada por outro dos equipos que o habían usado). Non podíamos usar ningún dos outros vestiarios (que sí que tiñan chave) porque había que contar que era o primeiro en limparse para reutilizar. Co cal, tivemos que apostarnos preto dos vestiarios para cerciorarnos de que ninguén entraría a eles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario