FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 11 de febreiro de 2024

VETERANOS DE MALPICA 3 - VETERANOS DE SOFÁN 2 (XORNADA 15)

Pouco frío e un pouco de orballo que se aguantou ben. Nada do que presumíamos, por suposto.
Veteranos de Malpica: Chaves; Pedro, Leo, Alberto de Carballo, Nando; Sergio, Chols, Mutio, Álex; Lema e Richard. Xogarían tamén despois Alberto Choiva, Diego, Luis e Marco.
Goles:
1-0 (Min. 10): Richard. 1-1 (Min. 26): Pensado. 1-2 (Min. 29): Campos.
2-2 (Min. 77): Lema. 3-2 (Min. 84): Chols.
Si contra os equipos da zona de arriba da clasificación xa nos custa un mundo sacar puntos, está a resultarnos igual ou mais difícil facelo contra os da zona de abaixo. Contra o Sofán levamos unha sorpresa porque había algúns xogadores novos que non coñecíamos da temporada pasada (e creemos que do partido da primeira volta tamén). O peso do xogo sigue recaendo en Souto e Luis, mais presentan unha plantilla mais completa (dezasete xogadores), ainda que siguen sin presentar un dianteiro centro referencia.
...........................................................................................................................
A primeira oportunidade do partido tiverona eles nun tiro que Chaves despexou a corner. Marcamos nós nunha boa chegada de Richard que cruzou diante da saida de Rubén. Parecía que nos iba a ir ben, pero nada mais lonxe da realidade. O Sofán, ben apoiado por un Roberto Souto impecable, botouse arriba e domiñou todo o xogo ata o descanso. Froito dese dominio foi que remontaron o partido. Primeiro Pensado recibiu o balón en tres cuartos, acomodouno e lanzou un tiro por alto ó que Chaves non pudo chegar e despois Campos rematou só ó borde da área pequena un balón centrado desde o punto de esquina. Ainda tiveron outro remate que saiu preto do poste.
Na segunda mitade o Sofán non pudo manter o dominio da primeira. Xa Marco se facía co control. Eles adicaronse a pechar todos os camiños cara porta. O dominio pasou a ser noso pero abusábamos moito de querer entrar polo medio. Tivemos algunhas ocasións para empatar pero Rubén estivo ben acertado e situado. Arriscamos ca liña defensiva bastante adiantada i eles, con dous balóns en largo, casi chegaron a presentarse sólos mais Chaves estivo providencial para despexar o balón. Conseguimos empatar nun centro de Mutio, botando un saque de esquina desde a esquerda, Alberto de Carballo chegou a tocar o balón de cabeza cara o segundo pau e Lema (non podía ser outro) adiantouse o defensa e meteu o pé para marcar.
Mais faltaba a guinda para a remontada: Un balón centrado desde a dereita foi despexado pola defensa do Sofán, chegou a Chols que, desde o borde da área disparou de volea e sacoulle as telarañas a escadra esquerda da portería de Rubén, imparable. Un dos mellores goles que vimos esta temporada e seguramente dos que veremos ata que finalice.
.................................................................................................................................
Arbitrou D. David Castreje Ferrio. Casi perfecto. Soamente "fallou" nun fora de xogo pitado ó noso dianteiro cando escapaba cara porta. Pero desde a súa posición pudo perfectamente non velo (nós desde o banquillo estábamos perfectamente situados para saber que non o era). Nada que empañara a súa laboura. Tamén hai que decir que o partido, ainda que pelexado, foi de guante blanco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario