FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 20 de febreiro de 2024

ATLÉTICO CARBALLO 10 - VETERANOS DE MALPICA 2 (XORNADA 16)

Non houbo mal tempo no anexo das Eiroas, pese a estar anunciada algo de chuvia.
Veteranos de Malpica: Suso; Choiva, Alberto de Carballo, Diego, Nando; Chols, Mutio, Leo, Álex; Richard e Lema. Tamén xogarían despois Chaves e Luis.
.................................................................................................................................
Partido xogado contra o líder. Nada que añadir porque o marcador o dí todo. Marcou Iván Rojo 3 goles, 2 marcaron Álex Figueiras, Julián e Javi de Cances, e 1 Bolón. Pola nosa parte, marcaron Lema e Richard.
Sí que vemos normal que non lle chamen ó seu equipo "Veteranos". Nós temos no noso equipo unha media de edade de 48 anos, o mais xove ten 37 anos ( tres de casi 40 e o resto de ahí para arriba). Hoxe eramos trece. No caso deles presentaron dezanove efectivos e abundancia de xogadores entre 30 e 35 anos. E os que pasan de esa edade son supercoñecidos do fútbol costeiro. Poderían xogar tranquilamente en calquera das categorías da liga da costa. Decidiron pasearse en veteranos e poden facelo porque en Galicia (casi como única comunidade) a edade mínima está en 30 anos, en lugar de 35. Non hai indicios de que isto vaia a cambiar nos vindeiros anos. Tampouco é o primeiro caso que temos nestas ligas de veteranos da costa.
Os seus números goleadores son de escándalo. Dos dezaseis partidos que xogaron e gañaron, salvo tres marcadores que o fixeron pola mínima (0-1 contra nós na ida, 4-3 co Buño i 1-2 en Cances), no resto marcaron 87 goles (casi 7 goles por encontro). Sí que nos pareceu que, neste caso, sairon decididos que o 0-1 da ida foi un mero espellismo. Aguantamos 12 minutos, nos que incluso nos adiantamos co primeiro gol de Lema. Mais, a partir de ahí, castigaron cada perda de balón con unha combinación e o seu gol, reducindo as nosas posibilidades a meros espectadores.
..............................................................................................................................
Arbitrou D. David Cancela García. Non era o que en principio iba a facelo. Quixo arbitrar un partido normal de veteranos i encontrouse con unha malleira de goles e de protestas (mais deles que nosas, que nin gañas quedaron para iso). Non quixo expulsar a Leo mais a un dos xogadores rivales nunha xogada donde o noso mediocampista rebotouse por unha forte entrada e moitos dos contrarios saltaron a por él. Saldaríase o conto con unha bermella por equipo e, o final, nin amarela foi. Alucinante que este partido acabara soamente con unha tarxeta clara a Mutio (cando, polo resultado, sería o normal).

Ningún comentario:

Publicar un comentario