FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 25 de febreiro de 2024

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE BUÑO 2 (SEMANA 17)

Non nos respetou o tempo. Toda a auga da que zafamos ata agora (mentras xogábamos) caeu de golpe durante o partido. E ainda que a temperatura era de 13 graos, a humedade facía que se notara bastante frío. Mais vento, moitísimo vento.
Veteranos de Malpica: Chaves; Luis, Alberto de Carballo, Diego, Nando; Arcay, Leo, Álex, Sergio; Chols e Lema. Tamén xogaría despois Pedro.
Goles:
0-1 (Min. 7): Dani Calvete. 0-2 (Min. 39): Rubén.
1-2 (Min. 87) : Chols.
Non pudemos asistir a gran parte do partido. O vento condicionou gran parte do mesmo. Na primeira metade, os oleiros estiveron con él a favor e souberon mandar no marcador con dous goles.
Na segunda parte tentamos remontar e tivemos dúas ocasións moi boas, por medio de Alberto de Carballo e Arcay, que se prantaron sós diante do porteiro. Pero non metemos gol. E cando o fixemos xa era moi tarde para o empate.
Arbitrou D. Carlos Señarís Balsas. Polo que nos dixeron, arbitrou ben e non tivo incidencia no marcador.

Ningún comentario:

Publicar un comentario