FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 3 de marzo de 2024

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE LEILOIO 2 (XORNADA 18)

Nada que ver o tempo de esta semana co da pasada. Pouco vento, nada de auga. Incluso, na segunda parte luciu o sol. E, ainda que a temperatura era a mesma (13 º), a sensación térmica era moi diferente.
Veteranos de Malpica: Chaves; Pedro, Alberto de Carballo, Diego, Nando; Álex, Mutio, Choiva, Luis; Leo e Lema. Sin cambios.
Goles:
0-1 (min. 17): Marco.
0-2 (min.52): Marco. 1-2 (min. 65): Bértoa, en propia porta. 2-2 (min. 75): Lema.
<
Dúas partes moi diferenciadas no partido. Na primeira, os de Leiloio mandaron no campo. Meteron dous goles nos primeiros 55 minutos, pero ben puderon meter algún outro.
Viamos todo moi negro, porque incluso podía peligrar a clasificación para os seis primeiros postos que dan lugar a promoción de ascenso (o Leiloio pondríase a seis puntos con catro partidos pendientes por xogar, e o gol-average gañado). Aparte, eles tiñan cambios e nós, nin o primeiro (mais a Leo moi tocado). Pero ocurriu o que nunca intuiríamos: saimos a partir do 0-2 ó ataque, tivemos algo de fortuna no 1-2 porque o defensa desviou o remate de cabeza de Alberto de Carballo. E seguimos en tromba, empatamos e tivemos, xa sin parada, catro novas oportunidades de gañar o partido. Bó partido de todos, sobretodo de Alberto de Carballo e Álex.
Arbitrou D. Pablo Rama Cotelo, o árbitro que mais nos pitou nesta liga ata agora. Sabe pitar, pasou casi desapercibido. Nós só reclamamos que un fora de xogo pitado non o era. Acabou o partido sin mostrar cartóns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario