FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 10 de marzo de 2024

VETERANOS SP. BÉRTOA 0 - VETERANOS DE MALPICA 1 (XORNADA 19)

Si nos guiásemos pola lurda de auga que caeu antes de saltar ó campo, creeríamos que iba a caer a do pulpo. Mais o tempo, a partires de ahí estivo mais tranquilo. Só caeu un pouco de auga, aceptable para o xogo.
Veteranos de Malpica: Suso; Choiva, Alberto de Carballo, Diego, Nando; Leo, Marco, Mutio, Álex; Chols e Lema. Despois xogarían tamén Chaves, Luis, Pedro e Sergio.
Goles:
0-1 (Min. 61): Chols.
Partido moi disputado polos dous equipos. Ninguén quería deixar puntos e pelexáronse todos os balóns. As defensas e o xogo de contención impúxose. Houbo oportunidades de achegamento para os dous equipos pero poucos tiros entre os tres paus. Víase claro que o que marcara podía levarse o partido. E fumos nós grazas a unha volea impecable de Chols, que nos está a acostumar de facer grandes goles nesta liga. Con este resultado e ca derrota do Leiloio na casa contra o Nantón, aseguramos a nosa participación na fase de ascenso.
Arbitrounos por primeira vez D. Alvaro Gil Soriano. Si cadra foi a mellor arbitraxe que tivemos nesta liga. Sempre rápido e ben colocado. Soubo deixarlle as cousas claras (despois de que xa levara unha amarela antes) a Jaime, porque este xogador parecía que estaba desquiciado no campo. Foi marchar Jaime do campo e todos (eles e nós) estivemos mais tranquilos. Eso sí, estivo a piques de influenciar o resultado no único fallo que tivo, pois deixou seguir a xogada dun xogador do Bértoa, que estaba só en clara posición de fora de xogo e marchaba para encarar a Suso. Grazas que Diego estivo presto para ir a estorbar e que a cousa quedase en nada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario