FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 17 de marzo de 2024

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE FISTERRA 2 (XORNADA 20)

Bo clima para a práctica do fútbol, con temperatura agradable e sin chuvia.
Veteranos de Malpica : Suso; Pedro, Choiva, Leo, Nando; Sergio, Mutio, Álex, Arcay; Chols e Lema. Despois xogarían tamén Chaves e Luis.
Goles :
0-1 (min. 25): Javichu Barrientos. 1-1 (min. 44): Nando.
1-2 (min. 50): Fran Fidalgo. 2-2 (min. 53): Chols.
Boísimo partido do Fisterra en Malpica. A célebre teoría de Helenio Herrera (xógase mellor con dez que con once) cumpriuse en Pedra Queimada. Un equipo colocado atrás, como no partido de ida, e que lanzaba balóns en largo cara Fran Fidalgo, ben apoiado por Ckobens Estévez. Nós esta vez non tiñamos nin a Alberto de Carballo, Diego ou Marco e seguimos con Alberto de Barizo e Richard lesionados mais Arcay medio tocado. Fixemos unha primeira parte desastrosa, deixándonos levar pola idea de que, según pasasen os minutos, a teórica maioría de efectivos iba a decidir. Despistámonos no primeiro gol no saque de un córner que cabeceou no segundo pau (sin marca) Javichu Barrientos. E grazas que, no último minuto desta primeira parte, un mal rexeite da defensa fisterrá deixoulle o balón en franquicia a Nando, que remachou un tiro desde a dereita inapelablemente a gol.
Na segunda parte, ainda que xogamos bastante mellor, sí que encerramos ó Fisterra no seu campo, sin deixar sair ós seus dianteiros. Tivemos un remate ó pau de Arcay que pudo ser o 2-1. Mais nun rexeite a saida de un córner, o balón chegoulle a Fran Fidalgo, xunto ó vértice da área grande fisterrá, facendo este xogador unha das mellores xogadas desta liga. Pelexou con todos os que lle sairon ó paso e conseguiu chegar só en carreira diante de Suso, cruzándolle o balón pola súa dereita.
Non lle durou moito a ventaxa ó Fisterra, xa que unha falta ó borde da área foi executada por Chols, facendo o empate. De ahí ó final, tentamos marcar pero non foi o noso día. Eles tamén puderon marcar nunha xogada calcada do primeiro gol. O resultado pode considerarse xusto.
Arbitrou D. Lucas Rey Lara. Arbitraxe seria e dialogante. Seguiu o xogo de preto e non tivo mais problema que con unha protesta no minuto añadido de xogo do representante fisterrá no banquillo. Problema que resolviu sin contemplacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario